A Lei non nos protexe, o século XXI esixe cambios.

28 DE ABRIL: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

Fecha: 28 Abr 2026

Imaxe da rolda de prensa efectuada con motivo do 28A. Na mesma están Ángel Iglesias, Secretario Xeral, e Pablo Barrio, Secretario de Saúde Laboral e Medioambiente.

A Lei de Prevención de Riscos Laborais cumpriu 30 anos neste 2026 e a realidade laboral sufriu importantes transformacións desde entón, polo que é imprescindible realizar unha modernización e adaptación da lexislación vixente coa finalidade de mellorar as medidas preventivas, incluir novos riscos e enfermidades profesionais invisibilizadas…  É dicir, adaptala ás relacións laborais e os riscos aos que nos enfrontamos neste século XXI.

Os accidentes de traballo no 2025

As cifras son claras e demostran que a sinistralidade laboral segue a ser unha tarefa pendente do mercado de traballo.

Adxuntamos os datos facilitados para o ISSGA:

  • Accidentes de traballo con baixa en xornada laboral:

     

    Leve

    Grave

    Mortal

    Total

    20242025202420252024202520242025
    Total115891168417613318181178311835
    Variación

    0.82

    -24.43

    0

    0.44

As cifras reflicten un incremento do total dos accidentes de traballo con baixa durante a xornada laboral dun 0,44% con respecto ao ano 2024. Ainda que é certo que se reflicte unha diminución dos accidentes graves, consideramos que os datos rexistrados seguen a ser moi alarmantes.

Táboa coa información do ISGA

Se analizamos a información total por sectores e por sexos, comprobamos que o sector donde diminúen máis os accidentes de traballo é o sector da pesca ( 13,79 %) e, pola contra, o sector donde máis aumenta a sinistranidade é o sector servizos (2,07%).

Así mesmo, debemos destacar o aumento alarmante da sinistranidade das mulleres no sector da construción, pasando de 15 a 23, é dicir, un 53,33%.

  • Accidentes de traballo con baixa en itinere:

O análise dos accidentes de traballo in itinere amosan unha diminución do total dos accidentes, sen embargo, o aumento dos accidentes mortais dos homes é preocupante.
 

Táboa coa información do ISGA

A Lei non nos protexe, o século XXI esixe cambios.

Segundo os datos facilitados polo ISSGA, as causas que ocasionan máis accidentes mortais son os infartos ou outras patoloxías non traumáticas, polo que urxen medidas que reduzan os riscos psicosociais.

Os datos amosan qué a Lei actual, que logrou moitos froitos nos primeiros anos, non elimina, nin sequera reduce significativamente os accidentes de traballo. Non é entendible que ano tras ano continúen producíndose accidentes por causas facilmente
evitables.

As avaliacións de riscos nas empresas, aínda que son obligatorias, a miudo son inexistentes, ineficientes e non identifican todos os riscos asociados. As enfermidades profesionais, en moitas ocasións son tratadas como enfermidades comúns, impedindo
que se acometan as medidas preventivas necesarias e se invisibilicen as enfermidades profesionais.

Dende UGT solicitamos aos grupos parlamentarios responsabilidade ante a situación actual de alarma. É imprescindible que adquiran un compromiso para adecuar a LPRL actual, adoptando os cambios necesarios que permitan adaptar a lexislación aos retos actuais do mundo do traballo (dixitalización, cambio climático, aumento da presencia da muller en traballos masculinizados, envellecemento da poboación traballadora,..).

Así mesmo, esiximos ás empresas que cumpran de forma estricta a normativa existente coa finalidade de erradicar a sinistralidade no mundo laboral. 

¬ Manifesto