UGT obtén a totalidade da representación no RC Deportivo despois das primeiras eleccións sindicais no clube.
Fecha: 20 Dec 2023
No día de hoxe tiveron lugar as primeiras eleccións sindicais da historia do RCD Deportivo SAD.
A constitución de este Comité de Empresa é moi importante, xa que demostra a necesidade existente das relacións laborais nas Sociedades Anónimas Deportivas ca parte social.
Desexamos que este paso dado polo RCD Deportivo SAD, sirva de exemplo para outras sociedades deportivas da nosa cidade e comarca.
Nesta convocatoria de eleccións sindicais, estaban convidadas a participar as xogadoras e xogadores das diferentes categorías, así como o cadro de persoal da estrutura do clube.
A lista presentada por UGT estaba composta por 16 personas traballadoras. Tras as eleccións, o Comité de Empresa estará formado por: Manuel Pablo García, Belén Muñoz, José Antonio Bergondo, María Losada, Suso Méndez, Sheila Pallas, IvánSánchez, Juan Villamisar e Nacho Lourido.
A UGT agradece a confianza depositada polos traballadores e as traballadoras na nosa candidatura.