Por un convenio digno no sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña

As fregonas amarelas enchen as rúas

Fecha: 05 Xuñ 2025

Imaxe do persoal de limpeza diante da porta do Corte Inglés portando bandeiras de UGT.

Hoxe, diante do Corte Inglés, o persoal do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña concentrouse para reclamar a situación da negociación do Convenio Colectivo. A vixencia do Convenio finalizou o 31 de decembro do 2023, polo que as e os limpadores levan sin subida salarial dende dita data. 

Son dúas as patronais do sector, a patronal provincial e a estatal (Aspel). UGT e CIG propuxeron despois de máis de 1 ano de negociación que se incrementase o IPC de 2024 e seguir negociando o Convenio, ao cal negouse protundamente a patronal Estatal ASPEL. Patronal á cal están asociadas as grandes empresas do sector de limpeza: Eulen, Clece, Acciona, FCC, Lacera, Onet, Samsic, entre outras; mentres a patronal provincial si aceptaba a proposta.

UGT e CIG celebraron asambleas informativas no mes de maio nas grandes cidades da nosa provincia, nas cales aprobouse por unanimidade o comenzo de mobilizacións ante as empresas clientes de empresas da patronal estatal, a primera a de hoxe diante do Corte Inglés.

Dende os sindicatos convocantes queren chamar a atención da opinión publica no que consideran unha burla destas empresas, grandes concesionarias de concursos públicos en Galicia e con grandes beneficios, a un sector tan precario e feminizado como é o da limpeza de edificios e locales.