O persoal de Woman Secret reclama a eliminación da discriminación dentro do Grupo Tendam
Fecha: 05 Xul 2024
As traballadoras de Women Secret da provincia da Coruña protagonizaron dúas xornadas de folga, con sendas concentracións diante da portas da tenda da Praza de Lugo na Coruña e na tenda da Praza de Galicia en Santiago.
As traballadoras denuncian a diferenciación de condicións laborais que están a sufrir dentro do Grupo Tendam.
Por exemplo, as encargadas de Women Secret cobran ata 300 euros menos que os encargados doutras tendas do mesmo grupo. Ademáis, carecen de pluses de responsabilidade.
Ademais, denuncian a falta de estabilidade laboral, xa que a acumulación de contratos e moi elevada, chegando ata 30 contratos nun só ano.
A toda esta situación, se suma a escasez de persoal. En moitas ocasións está unha persoa soa na tenda, o que impide ás veces incluso facer os descansos establecidos ou poder acudir ao baño.
Esixen ser escoitadas polo grupo empresarial e que eliminen todas esas discriminacións existentes entre as empresas da mesma cadea.