O persoal de Teleperformance esixe o cese das presións e despedimentos
Fecha: 29 Abr 2024
Despedimentos, presións constantes e inadmisibles ao persoal por resultados, protocolos ineficientes, falta de comunicación coa Representación Legal das Persoas Traballadoras,... todo iso sumado á desaparición de postos de traballo por deslocalizacións de servizos e ERE’S aplicados pola empresa, postos de traballo que nunca retornan.
Dende o Comité de Empresa entenden que todas estas actuacións da empresa van dirixidas a manter ás persoas traballadoras co temor de ser a seguinte en ser despedida ou sancionada.
Trasladan que estar a ser testemuñas do desmantelamento de Teleperformance A Coruña.
Fai non moito case 1.000 persoas traballaban na delegación; en outubro do ano pasado a empresa levou adiante un ERE nas campañas de Vodafone e Netflix afectando a 42 persoas na Coruña e o volume de persoal nese momento era dunhas 520 persoas traballadoras. Pasados 5 meses do ERE, na Coruña son 450 persoas traballadoras, é dicir 70 persoas menos.
Dende o Comité de Empresa non consentirán que o traballo diario convértase nunha incerteza contínua para o persoal da delegación, que está a desenvolver actualmente o seu labor baixo ameazas e presións constantes, e co temor de ser ou non o seguinte en saír despedido, nin están dispostos a aceptar a destrución de emprego que Teleperformance está a executar nesta delegación.