O persoal de Inditex reclama unha negociación para toda a plantilla
Inditex continúa impasible ante as peticións do persoal.
Fecha: 08 Abr 2024
O persoal de Inditex voltou ás rúas ao ver que empresa continúa mantendo ás mesmas propostas feitas no mes de marzo. Tras as concentracións levadas a cabo a nivel nacional e unha nova reunión, Inditex continúa impasible ante as peticións do persoal.
A empresa fixo unha proposta que afecta a :
- Prima de vinculación. A cobrar a partires dos 25 anos de antigüidade, absorbe os conceptos relacionados ca antigüidade e non o percibirían ás persoas que superen o 48000€ brutos ao ano. Proposta cunha afectación mínima, xa que a maioría da plantilla non ten dita antigüidade e, ao absorber outros conceptos, a suba non sería real.
Redución da xornada en función da idade.
A partir dos 58 anos:
- Con máis de 20 anos de antigüidade: 12 horas menos de traballo por ano, para contratos de máis de 24 horas. 6 horas menos ao ano para contratos de menos de 24 horas.
- Con menos de 20 años de antigüidade: 8 horas menos de traballo por ano, para contratos de máis de 24 horas. 4 horas menos ao ano para contratos de menos de 24 horas.
Proposta cunha afectación mínima, inferior ao 5%.- Incentivar o traballo en sábado tarde, aumentando a comisión por venta.
- Aumentar o bono anual nun máximo de 200€/ano, sempre que se cumpla o 100% do obxectivo por ventas marcado pola propia empresa.
UGT reclama que é necesario resolver o problema de antigüidade , xa que leva conxelada dende hai anos. Asimismo, solicitan unha redución de xornada, sen perdas salariais, para os maiores de 52 anos e insístese na prima de vinculación que debería dividirse en tres bloques, 10 anos, 20 anos e 30 anos.
Por outra banda, demándase unha equiparación das axudas sociais en todos os centros de traballo do grupo (préstamos persoais sen intereses asociados á nómina, pícnics ou cheque comedor, axuda para o comedor para os fillos ou fillas menores de 12 anos, axuda para os traballadores ou traballadoras que teñan fillos ou fillas con celiaquía ou intolerancias similares, plan de pensións ou colaboración co pago do párking onde non exista aparcamento gratuíto).
Tamén se reclaman outras melloras laborais en materia de pluses polo traballo dos sábados ou tardes ou por coller as vacacións fóra do período vacacional, días de libre disposición ou libranzas nos sábados.