UGT e CCOO reclaman un dereito real á seguridade e á saúde no traballo

Ambos os sindicatos convocan unha mobilización ás 12:30 diante da Confederación de Empresarios con motivo do 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo e publican un manifesto conxunto


A finais dos anos 80 do pasado século, os sindicatos estadounidenses elixiron o 28 de abril como día en memoria das vítimas de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais. Esta conmemoración estendeuse ao longo da década seguinte por todo o movemento sindical internacional e acabou dando lugar á declaración do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo pola OIT en 2003.

Por unha banda, 2023 coincide co vixésimo aniversario da declaración oficial do 28 de abril e a aprobación dos ambientes de traballo seguros e saudables como un dos seus cinco principios e dereitos fundamentais na última Conferencia da Organización Internacional do Traballo (OIT); e por outro, un momento crítico para a prevención de riscos en España. Por iso, UGT e CCOO publican o 28 de abril de 2023 o manifesto co lema "Por un dereito á seguridade e á saúde no traballo real e efectivo".

Para as nosas organizacións é un día de lembranza para todos aquelas persoas traballadoras falecidas ou que sufriron as consecuencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, tamén para mostrar o noso apoio e solidariedade coas súas familias e compañeiros. 

Ademais, é un día de reivindicación e denuncia, xa que temos que visibilizar esta lacra. Cremos que a sociedade normalizou as mortes no traballo. Ademais, nin os gobernos nin as administracións lle prestan a atención necesaria, algo inadmisible xa que a maioría dos accidentes laborais poderían evitarse se se cumprise a normativa de prevención de riscos laborais. Por este motivo, CCOO e UGT organizarán un gran número de actos e mobilizacións en toda España con motivo do 28 de abril nos días previos á súa conmemoración. Na nosa cidade terá lugar ás 12:30 diante da Confederación de Empresarios na Praza Luis Seoane.

O manifesto sinala que tras o impacto da pandemia, España atravesa un período de aumento da incidencia de accidentes de traballo, especialmente intenso no caso dos accidentes mortais, o que é un indicador do deterioro das condicións laborais. Así mesmo, insiste na invisibilidade dos danos por enfermidades de orixe laboral derivadas da infradeclaración de enfermidades profesionais. O manifesto aborda os cambios necesarios para mellorar a prevención contra axentes canceríxenos, para actuar no ámbito laboral contra a epidemia de saúde mental ou para afrontar os retos asociados ás transicións dixitais e demográficas, así como ao cambio climático, sen esquecer a necesidade de incorporar a perspectiva  de xénero na prevención de riscos laborais. Ademais, este 28 de abril queremos homenaxear e recoñecer especiamente ás persoas traballadoras que morreron ou sobren unha enfermedade a causa do amiante e as súas familias, especialmente ás mulleres, que en moitos casos tamén enfermaron e perderon a vida por lavar a roupa dos seus familiares expostos a este canceríxeno nos seus postos de traballo.

O manifesto reivindica o cumprimento efectivo nas empresas da lexislación de prevención de riscos laborais e a implantación por parte dos poderes públicos das políticas públicas de saúde laboral, comezando pola aprobación dos plans de actuación da recentemente asinada Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2022-2027. E reclama a convocatoria inmediata da Mesa de Diálogo Social sobre prevención de riscos laborais, anunciada pola Consellería de Traballo e Economía Social na mesma sinatura da Estratexia.

► Manifesto conxunto de UGT e CCOO