O expersoal de Alu Ibérica esixe solucións
Fecha: 29 Mar 2023
Os ex traballadores de Alu Ibérica, antiga Alcoa, concentráronse novamente hoxa ante a Delegación de Goberno para esixir unha solución á situación que están a vivir, xa que un ano despois do seu despedimento continúan sin recibir o pagamento das indemnizacións pactadas con Alcoa. A esta situación súmase que en seis ou sete meses deixan de percibir a prestación por desemprego o que agrava máis a situación.
É imprescindible que ás Administracións busquen unha solución de cara ó cobro das indemnizacións que están pendentes de percibir dende hai case un ano e a recolocación do personal afectado polo peche.
Asi mesmo, é necesaria unha maior transparencia sobre as propostas de Ignis e Resonac xa que non se está a ofrecer información ás persoas afectadas polos despedimentos.