O Gobierno ten que poñer fin á lacra das mortes no traballo

Ata o mes de xullo de 2022, na nosa provincia, 14 persoas faleceron con motivo de seu traballo, 4 máis que no mesmo período do ano anterior (28.6%), segundo os datos de avance de accidentes de traballo publicados polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Para UGT, é imprescindible que o Gobierno actúe e acabe con este goteo incesante de mortes de persoas traballadoras, impulsando unha mesa de diálogo social en materia de siniestralidade laboral para acordar medidas urxentes que poñan fin a esta situación. A través de esta mesa, débese articular un Plan de choque contra a siniestralidade laboral de forma inmediata, no que non pueden faltar accións para mellorar a xestión preventiva dos riscos psicosociais de orixen laboral, xa que a primera causa de morte por accidente de traballo son os infartos e derrames cerebrais, patoloxías que poden estar relacionadas ca exposición a estos riscos. 

Ademáis, o sindicato reclama a creación dunha figura a nivel estatal, similar o delegado e delegada de prevención territorial. Esta figura axudaría a mellorar as condicións de seguridade e saúde no traballo; e dotar á Inspección de Traballo de maiores recursos, tanto humanos como materiais, para vixiar e controlar o cumplimiento da normativa en materia de prevención de riscos laborais.

Datos de interese:

- Na nosa provincia segundo o avance publicado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, produxéronse 6.715 accidentes laborais con baixa, dos cales 6.179 foron durante a xornada laboral e 536 no desprazamento.

- Dos 6.179 accidentes laborais que tiveron lugar durante a xornada laboral: 6.083 foron leves, 86 graves y 10 mortais.

- Dos 536 accidentes laborais en itínere: 521 foron leves, 11 graves e 4 mortais.

- Se comparamos os datos co mesmo período do ano anterior, no 2022 houbo 366 accidentes laboráis mais.

- No período de xaneiro a xullo do 2022, no territorio nacional rexistráronse 362.993 accidentes laborais, dos cales 475 foron mortais.