"Muller no deporte" con Helen Roca
Fecha: 04 Mar 2022
No día de onte ca charla-coloquio con Helen Roca, deron comezo os actos que se realizan este ano dende UGT A Coruña e Cee con motivo do 8M.
Helen Roca é campioa de Europa de XV, campioa de España de seven, xogou o Seis Naciones e tres Mundiais. Elena Roca Moro é a líder do CRAT. Xogou durante dúas décadas e, agora é directora técnica e adestradora.
No inicio da charla comenzou explicando que aínda que o Rugby é un deporte profesional, non é posible vivir únicamente de el. Ela como xogadora no seu momento e, incluso agora como adestradora, ten que compaxinar ditas funcións cun traballo. O que implica dificultades para poder estudiar ou traballar e, cumplir as esixencias que ten como deporte profesional, e incluso adicar o tempo de vacacións ou ter que solicitar outros permisos para poder acudir ca selección ou a campionatos.
Ademáis da diferencia salarial, as xogadoras son desplazadas en moitas ocasións a campos de categoría inferior simplemente porque o día seguinte xoga un equipo masculino.
Outra das dificultades que teñen as xogadoras é a maternidade, xa que durante o embarazo non é posible adestrar ou xogar polos riscos que implica. No caso de Helen Roca decidiu aplazar a súa maternidade ata finalizar a súa etapa de xogadora. Unha vez finaliza a etapa do embarazo, como xogadora é moi complicado recuperar o estado físico anterior para voltar á práctica deportiva, sumado ás necesidades de coidado, por iso, hai xogadoras que se incorporan cedo e, outras deciden deixar de xogar.
O Rugby é un deporte que require moitas destrezas, pero a súa vez é moi importante traballar en equipo, xa que cada persoa tiene o seu rol dentro do equipo, por iso o compañeirismo e o respeto é imprescindible, tanto co propio equipo, como co equipo contrario. Ëstas destrezas aportan moitos beneficios (ademáis de favorecer á saúde), por iso, é moi importante acercar ós deportes a todas as persoas.
Durante a charla, tamén falamos da repercusión do deporte femenino, tanto nos medios como na sociedade, que en comparación ca repercusión que teñen os deportes masculinos é mínima.
Os seguintes actos serán o mesmo día 8 de marzo: