A mortalidade por accidentes de traballo diminúe

Os accidentes diminúen na nosa provincia pero aumentan a nivel estatal.

Fecha: 18 Nov 2024

Persoa cun chaleco amarelo posto. A están a colocar enriba dunha padiola.

16 persoas perderon a vida polo simple feito de traballar.  Esta cifra diminúe en 3 accidentes mortais menos con respecto ao mesmo período do ano anterior.  15 das persoas falecidas eran asalariadas. En termos estatais, 573 persoas perderon a vida, esta cifra aumenta en 49 accidentes mortais máis con respecto ao mesmo período do ano anterior.

As causas máis frecuentes de accidentes mortais durante a xornada de traballo repítense no tempo. Infartos e accidentes cerebrovasculares, atrapamentos, esmagamentos, amputacións, caídas ou accidentes de tráfico son causas recorrentes entre as causas dos accidentes mortais. Estas causas pódense previr, polo que é fundamental que as empresas cumpran coa lexislación preventiva, xa que cada día morren dúas persoas nun accidente de traballo.

Ademais, observamos que aumenta a gravidade dos accidentes laborais que se producen tanto durante a xornada laboral como en itinere. Ata setembro de 2024 producíronse 9.759 accidentes derivados de baixa, dos cales 137 foron graves e 16 mortais, comparando os datos co mesmo período do ano anterior, producíronse 19 accidentes graves máis.

Dende UGT seguimos reclamando a negociación dun Plan de Choque contra a sinistralidade laboral na Mesa de Diálogo Social para a prevención de riscos laborais que está aberta na actualidade. Ademais, á luz do acontecido pola DINA, dende UGT propoñemos que dentro desta Mesa se aborde un reforzo da lexislación vixente que desenvolva as obrigas preventivas das empresas e os dereitos das persoas traballadoras en casos de fenómenos meteorolóxicos adversos.

Así mesmo, seguimos reclamando un incremento dos medios humanos e materiais para a Inspección de Traballo, co obxectivo de reforzar o control do cumprimento das normas preventivas. Tamén se deberían destinar maiores recursos á Fiscalía de Accidentes de Traballo para reducir os tempos de resolución de condenas e para a creación de Xulgados especializados.

Mentres isto se faga efectivo, consideramos que son necesarias outras garantías de cumprimento da normativa preventiva, para o que propoñemos que se analicen fórmulas alternativas, como, por exemplo, habilitar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, como “auxiliares ou colaboradores” do Inspección de Traballo en cumprimento preventivo, cando se constaten situacións constitutivas de infraccións graves ou moi graves.  

Por último, reclamamos a creación dunha figura similar á da Delegada Territorial de Prevención de Riscos Laborais a nivel estatal, xa que é unha realidade que os centros de traballo sindicados son centros máis seguros. A creación desta figura axudaría a mellorar a PRL nas pemes do noso país que non teñen representación sindical.