Mobilizacións do persoal de xardíns do Concello de Culleredo

A contrata está vinculada a Jardincelas

Estos traballadores e traballadoras (14 en total) están en ERTE dende o 1 de agosto, ao igual que o resto da plantilla que todavía permanece vinculada laboralmente coa empresa Jardincelas, a cal foi declarada en concurso de acreedores mediante auto del Xulgado do mercantil número 2 de 11 de outubro, no que se solicita a liquidación da sociedade. Ademáis, a empresa adeuda os salarios dende marzo ata agosto de 2024.

Os motivos que poñen en marcha un calendario de mobilizacións, son que, estos traballadores e traballadoras (que teñen o dereito de subrogación recoñecido no seu convenio colectivo), dende que deixaron de prestar servizos no pasado mes de agosto veñen a reclamar ao Alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, que saque uns novos pregos para unha nova licitación do contrato, ao que éste lles leva dito desde setembro, que en outubro xa estarían preparados. De feito, xunto ao seu asesor de UGT o persoal mantuvo unha reunión o pasado 28 de outubro, co alcalde e persoas membros do seu equipo de Goberno, onde lles volveu manifestar que os pregos xa estaban listos, e que no plazo dunha semana, como moito dúas, xa estarían publicados, e con ilo o proceso aberto para unha nova licitación con carácter de urxencia, para estar xa traballando cunha nova empresa adxudicataria en decembro deste mesmo ano. Pero a data de hoxe, los pregos seguen sen estar publicados.

A esto súmase que debido a que a empresa cometeu varios fallos na notificación ao SEPE da relación de traballadores e traballadores que debían cobrar a prestación de desemprego por estar en ERTE, varios deles non percibiron todavía ningún pago da súa prestación, e os que poideron cobrar algo da súa prestación, foi o primeiro ingreso correspondiente á mensualidade de agosto, a cal a percibieron en outubro, pero este mes de novembro non cobraron a que lles correspondía porque a empresa volveu a realizar mal a notificación. Polo que dende o sindicato se tuvo que pedir a intervención da Dirección Provincial do SEPE e doAdministrador Concursal para solucionar ditos defectos, e gracias á contratación dunha nova asesoría, que de maneira inmediata se puso a correxir ditos errores, con vistas a que o próximo mes de decembro poidan cobrar o que se lles adeuda de prestación e poñerse ao día no cobro da mesma. Xa que dicha prestación de desemprego é o único ingreso que van a ter desde febreiro deste ano.

E, por si toda esta situación que veñen a sufrir desde hace meses, fora pouco, ademáis hai que engadir a inquietude que reina na plantilla de Culleredo ante a posibilidade de que a Administración Concursal poida plantear en calqueira momento un Expediente de Regulación de Emprego para a extinción de todos os contratos de traballo, o que por culpa da demora en sacarse adelante a nova licitación por parte do Concello, podería poñer en risco o seu dereito á subrogación, cunha nova empresa concesionaria.

Por todo elo, anuncian o inicio de mobilizacións, á que sucederán outras máis en tanto o Concello de Culleredo non saque xa los novos pregos. E  piden o apoio e comprensión das persoas residentes de Culleredo, ás que agradecen os ánimos que lles manifiestan tódolos días, ante as molestias que poidan causarlles con ditas mobilizacións.


CALENDARIO DE MOBILIZACIONES:


• Luns 25 de novembro ás 8:30 horas, manifestación dende a glorieta de Avda. da Coruña con Avda. Juan Carlos I, circulando pola Avda. da Coruña, rúa Acea de Ama, ata o edificio de Servizos Múltiples do Concello de Culleredo, noa rúa de Acea de Ama.
• Martes 26 de novembro ás 18:30 horas, concentración diante do Concello de Culleredo e posterior asistencia ao Pleno, que se celebra no mesmo.
• Xoves 28 de novembro ás 8:30 horas, concentración na glorieta de Costa Lonxa con Avda. de Galicia, en Culleredo.
• Luns 2 de decembro ás 8:30 horas, concentración na  glorieta da Avda. Vilaboa coa rúa Vicente Risco, en Culleredo.
• Mércoles 4 de decembro ás 8:30 horas, concentración diante do edificio de Servizos Múltiples  na rúa Acea de Ama, en Culleredo.