A loita contra a violencia machista é un labor diario

O venres realizamos unha concentración na porta da nosa sede na Avda. Fernández Latorre como mostra do rechazo da UGT á violencia de xénero.

Con dito acto queremos insistir na nosa reclamación de máis recursos para poñer fin á violencia contra as mulleres, co fin de previr e dar unha atención integral ás vítimas e, acelerar a aplicación efectiva dos distintos acordos e convenios acadados no ámbito nacional e internacional.

Dende a UGT nos sumamos á esixencia do Parlamento Europeo sobre a ratificación, unánime de tódolos Estados membros da UE, do Convenio sobre prevención e loita contra a violencia contra as mulleres, na línea coa opinión do Tribunal de Justicia de 2021. O Convenio de Estambul é o estándar internacional e unha ferramienta clave para erradicar a violencia de xénero, incluindo a violencia doméstica, e seis anos despois de que a UE firmara o Convenio, todavía non está ratificado debido á negativa de algúns Estados membros.

 

Non debemos esquecer que a día de hoxe as mulleres seguen sendo discriminadas e asasinadas polo mero feito de ser mulleres. Esta discriminación tamén existe no traballo, incluso antes de acceder a un posto de traballo.

Esiximos o cumplimiento da lexislación vixente en materia de Igualdade Salarial, especialmente o art.28 do ET, modificado polo Real Decreto-Lei 6/2019, de 1 de marzo (mesmo salario para traballo de igual valor), así como o Real Decreto 902/2020, de 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes.

Debido o non cumplimento, é necesario que a Inspección de Traballo actúe nesta materia e establezca un Plan de actuacións de oficio que vixíen o cumplimento da normativa española actual, pero é también fundamental aprobar a Directiva Europea sobre Transparencia Salarial, e seguir aumentando o SMI.

 

É imprescindible garantir a independencia económica das mulleres vítimas de violencia e mellorar os mecanismos das políticas activas de emprego para favorecer a súa contratación. O emprego é fundamental e imprescindible para combater a violencia de xénero, polo que é fundamental promover a inserción laboral e o emprego de calidade das vítimas de violencia de xénero.

Ademais, é imprescindible revisar o Programa de Inserción Sociolaboral de Vítimas de Violencia de Xénero e adoptar novas medidas para mellorar os déficits nesta materia; e redobrar esforzos, desde o ámbito xurídico e das políticas públicas para eliminar a discriminación e a desigualdade de xénero en todos os ámbitos, incluído o laboral, imprescindibles para erradicar a violencia machista contra as mulleres.