A igualdade real e efectiva entre mulleres e homes é un obxectivo irrenunciable
Son imprescindibles políticas con perspectiva de xénero en todos os ámbitos
Fecha: 07 Mar 2024
No día de hoxe pola mañá concentrámonos na Praza das Cigarreiras xunto con CCOO para dar lectura o Manifesto Conxunto con motivo do 8M.
O motivo de elexir dita ubicación é porque a Fábrica de Tabacos foi un lugar de traballo feminino, de encontro, de sororidade, de apoio mutuo,... pero tamén foi un espazo de protesta laboral, xa que nela tuvo lugar a primeira folga das mulleres da historia de Galicia motivada pola chegada de novas máquinas que ameazaban algúns postos de traballo.
Neste 8M facemos balance dos pasos que imos avanzando, dos riscos de retroceso (que en moitas partes do mundo non son só ameazas, senón realidades) e das cuestións pendentes que aínda quedan por lograr: por fin, un mundo onde a igualdade sexa lei e sexa realidade.
O diagnóstico da situación, segue a mostrar as persistencias nas fendas de xénero, preto de oito puntos. As mulleres seguen a ser discriminadas polo feito de ser mulleres no mercado laboral. Son discriminadas polo tipo de contratos que se lles ofrece, tempo parcial; pola duración dos contratos, máis temporais; polo sector no que traballamos, máis feminizado e máis precario; e ademáis dentro do propio sector, onde ocupamos os postos peor remunerados.
Así mesmo, insistimos na necesidade de promover medidas de igualdade na negociación colectiva, esixir o cumprimento dos plans de igualdade, loitar contra a violencia de xénero no ámbito laboral, aumentar e mellorar as políticas activas de emprego e seguir a liña de incremento do SMI ata situalo no 60 % da media salarial. Acometer os aspectos pendentes da raficación do Convenio 189 da OIT e realizar as modificacións lexislativas necesarias para a plena posta en práctica do Convenio 190 da OIT.
Ambos os sindicatos reclaman a necesidade de adoptar políticas con perspectiva de xénero en todos os ámbitos e, especialmente, en materia de coidados; investir en infraestruturas públicas adecuadas, suficientes, alcanzables e de calidade para o coidado de familiares e fortalecer a oferta pública con emprego e recursos públicos; e impulsar unha reforma educativa baseada na coeducación, que integre a educación na igualdade e no respecto á diversidade.
⇒ Manifesto 8M 2024: LIBRES E UNIDAS, CONQUISTANDO IGUALDADE.