É imprescindible continuar mellorando o mercado laboral
Abordar o desemprego de longa duración, os baixos salarios e a reforma dos despedimentos.
Fecha: 03 Xuñ 2025

Os datos de afiliación á Seguridade Social e de desemprego rexistrado de maio, publicados hoxe, mostran un aumento do emprego.
O aumento mensual das afiliacións á Seguridade Social, na provincia da Coruña, sitúase en 2.538, o que eleva o número total de persoas empregadas afiliadas á Seguridade Social a 478.389. En comparación con maio de 2024, hai 9.003 persoas afiliadas máis, un aumento do 1,92 %. Polo tanto, o ritmo de creación de emprego mantense relativamente estable, a pesar da incerteza xerada polos conflitos coa agresión contra Ucraína, a masacre do pobo palestino en Gaza e a caótica guerra arancelaria promovida pola administración Trump.
O desemprego rexistrado, na provincia da Coruña, baixou en 1.355 persoas en comparación co mes anterior, ata alcanzar un total de 44.032. Ademais, en comparación co mesmo mes do ano pasado, o desemprego baixou en 4.465 persoas.
En canto á contratación, en maio rexistrouse un volume de 26.939 contratos, dos cales 7.669 foron indefinidos, o que significa que o 28,47 % dos contratos son indefinidos. Antes da reforma, esta cifra rondaba o 10 %.
Deste xeito, os datos de creación de emprego poden avaliarse positivamente, o que reforza a tendencia positiva do noso mercado laboral mesmo nun contexto económico global marcado por unha alta incerteza. Non obstante, para a UGT, é fundamental seguir avanzando para corrixir algúns desequilibrios estruturais e proporcionar unha maior estabilidade e calidade de vida as persoas traballadoras.
Reducir a xornada laboral beneficiará ás persoas e á economía.
Existe un número significativo de persoas que sofren desemprego de longa duración, unha situación que as condena a situacións de extrema vulnerabilidade. Polo tanto, é vital acometer unha reforma profunda das políticas activas de emprego, garantindo procesos de orientación e formación máis personalizados e eficaces.
É urxente abordar tamén a reforma dos custos do despedimento improcedente ou ilegal, que debe ser xusto e disuasorio.
Finalmente, a semana laboral de 37,5 horas debe converterse en realidade canto antes. Esta medida propón cambios positivos na nosa economía e no mercado laboral, intensificando a creación de empregos de calidade e promovendo cambios estruturais na produtividade e competitividade das empresas.
Ademais, os substanciais beneficios corporativos obtidos nos últimos anos apoian esta transformación, polo que non hai razón para bloquear un avance esencial para a maioría da sociedade do noso país. Distribuír a riqueza e transformar as ganancias de produtividade en xornadas laborais máis curtas debe ser unha prioridade clave para consolidar un país máis democrático, igualitario e xusto.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En maio rexistráronse un total de 44.032 persoas en situación de desemprego, 1.355 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 4.465 persoas (-9,21%).
- Neste mes hai 790 homes e 565 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a abril. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.371 mulleres e o masculino en 2.094 homes. As mulleres representan o 59,15% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.660 en maio, o que supón unha diminución de 145 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en abril. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 103 persoas.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas diminúe en maio en 172 persoas; chegando a un total de 3.778 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 39 persoas estranxeiras desempregadas máis.
- A información por sectores amosa unha diminución de 1.355 persoas paradas. Se produce unha diminución en todos os sectores; sendo o reparto de 62 persoas na industria, 18 persoas no agro, 974 persoas no sector servizos, 130 no sector da construción e 171 persoas no colectivo sen emprego anterior.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 2.538 persoas en maio, ata alcanzar unha media de 478.389 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 26.939, dos cales 7.669 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de maio sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 28,47%.
Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee
- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un descenso de 89 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.791 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 179 persoas (-9,09%). Os Concellos no que o descenso de paro é mais acusado son: Dumbría (46 persoas) e Carnota (11 persoas). Pola contra, o paro aumenta nos Concellos de Vimianzo (4 persoas) e Corcubión (1 persoa). No Concello de Muros o paro mantense.
- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un descenso de 504 persoas (son 22.393 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 2.322 persoas (-9,40%). Os Concellos no que o descenso de paro é mais acusado son: A Coruña (289 persoas), Culleredo (51 persoas) e Arteixo (46 persoas)). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos de Oleiros (7 persoas), Abegondo (6 persoas) e Laxe (6 persoas).
- Neste mes de maio, o paro nas persoas menores de 25 anos aumenta en 2 persoas nos Concellos da UGT Cee e diminúe en 44 persoas nos Concellos da UGT A Coruña.