É imprescindible aumentar os salarios para afianzar a recuperación da economía
Fecha: 14 Xan 2022
As persoas asalariadas perderon poder de compra no 2021. Hai que aumentar o SMI, promover incrementos salariais superiores á previsión de inflación media e establecer cláusulas de revisión salarial.
A inflación continua desbocada, perxudicando gravemente ás traballadoras e traballadores e a moitas empresas. Ás personas asalariadas perderon poder de compra no 2021 (1,6 puntos porcentuales de media; 2,6 puntos quen só percibiu o salario mínimo), nun ano no que a economía xa creceu de maneira importante e cando máis se necesitaba o impulso do consumo dos fogares para afianzar esta recuperación. É, por tanto, un mal resultado en términos de xusticia social, pero tamén de eficiencia económica.
Esta situación non pode continuar. Aunque previsiblemente a inflación se irá moderando no 2022, o incremento medio no conxunto do ano volverá a ser moi elevado (o Banco de España estima un 3,7%), e os salarios non poden ser de novo os que asuman o descontrol da inflación, que ten outras causas ben coñecidas, e que son esencialmente o aumento desmesurado dos prezos do gas, da electricidade e, en menor medida, dos carburantes, como consecuencia de disfuncións nos mercados internacionais e duns sistemas de formación de prezos diseñados para que as grandes multinacionais obteñan beneficios descomunais a costa dos consumidores.
Neste contexto, ni o endurecemento da política monetaria nin uhna maior moderación salarial conseguirán reducir a inflación, porque non reside aí a súa causa. Estas medidas tan só provocarían unha quebra da senda de recuperación e un aumento das desigualdades e das situacións de pobreza, que xa creceron moito durante a pandemia. Por iso, UGT propón:
► Que o Goberno profundice nas medidas para reducir os prezos dos servizos eléctricos e para paliar o seu impacto sobre os fogares,e en especial sobre os que menor ingresos teñen. Esto implica aumentar a súa presión en Europa para que se poida modificar o sistema de fixación de los prezos; introducir mecanismos que acurten os beneficios extraordinarios que están logrando as empresas do oligopolio do sector, trasladándoos a bonificacións para os fogares; e extender as axudas xa existentes, como o bono social e a rebaixa puntual de impostos, ata que a situación se normalice.
► É preciso que os salarios se axusten ó novo escenario de crecemento da actividade e aumento dos prezos, para que as persoas traballadoras participen da bonanza e logren melloras na súa capacidade adquisitiva que redunde nun fortalecemento da propia reactivación. Para elo, é necesario:
- Que os convenios recollan aumentos salariais para 2022 superiores á previsión de inflación media (3,7%), e que inclúan cláusulas de revisión salarial para o caso de que os prezos crezcan máis. Neste senso, a patronal debería sentarse a negociar un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva que xenere seguridade e confianza na economía e reduzca a conflictividade nas empresas.
- Que o Goberno convoque inmediatamente á mesa de diálogo social para abordar con urxencia la actualización do SMI para 2022, que debería situarse en 1.000 euros mensuais, con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro, continuando ca senda de crecemento que recomendou a Comisión Asesora para o Análise do SMI, e que debe concluir cun salario mínimo en 2023 que equivalga ó 60% do salario medio do país.