Continúan as mobilizacións en FerroGlobe
Fecha: 26 Xuñ 2024
A xornada de folga de 24 horas desenvolveuse cun seguimento masivo por parte dos traballadores e traballadoras de todos os centros de FerroGlobe. O seguimento cifrouse no 100%, salvo os servizos mínimos fixados.
En Galicia, están afectados o centro de Sabón e as minas de Serrabal (Vedra-Boqueixón), Sonia (O Barqueiro) e Esmeralda (Tordoia).
UGT FICA agradece o apoio masivo das persoas traballadoras do Grupo FerroGlobe contra o bloqueo que a empresa mantén na negociación do III Acordo Marco.
Desde UGT FICA reiteran a súa disposición para resolver o conflito negociando de boa fe e reclaman á dirección do Grupo que deixe de impoñer as liñas vermellas que manteñen despois de ano e medio de negociacións e tras 16 reunións, e se avenga a negociar un convenio digno que contemple un incremento salarial xusto e unha cláusula de revisión salarial que garanta o poder adquisitivo de todas as persoas traballadoras do grupo FerroGlobe no noso país.
Servizos mínimos abusivos
Aínda que a xornada de folga desenvolveuse sen incidentes, hai que sinalar, unha vez máis, a mala fe da empresa, que impuxo uns servizos mínimos abusivos e nomeou servizos mínimos “suplentes” a traballadores en descanso compensatorio e mesmo contratando eventuais para cubrir quendas nesta xornada de folga.
A este respecto, UGT FICA anuncia a súa intención de denunciar estas prácticas por vulnerar o dereito fundamental á folga e de solicitar unha forte sanción por esta grave conduta antisindical da empresa.