Cara a un modelo produtivo que poña no centro a mellora do emprego e das condicións laborais

UGT insiste en que os seguintes pasos deben ser a reforma do despedimento e a redución da xornada a 37,5 horas semanais.

Fecha: 02 Out 2024

Imaxe difusa e en tons obscuros, dunha rúa estreita e con moita xente paseando nos dous sentidos nela.

Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social do mes de setembro, publicados hoxe, reflicten o comportamento habitual neste período, cun aumento do paro e unha diminución da afiliación.

Aínda así, o aumento do paro rexistrado este mes é de 694 persoas, menor que o incremento do mesmo período do ano anterior. En conxunto, hai un total de 47.812 persoas rexistradas como desempregadas. Con respecto ao ano pasado, hai 4.617 persoas menos paradas.

En relación á afiliación, hai unha diminución de 2.751 persoas. En conxunto, hai 471.081 persoas afiliadas, 9.538 máis que o ano anterior, supoñendo unha taxa de creación de emprego do 2,07%. 

No que respecta á contratación, rexistráronse un total de 29.398 contratos, dos que 9.487 son indefinidos, o que supón o 32,3% da contratación.

Así, os datos deste mes seguen demostrando que a norma laboral xurdida da reforma de 2021 está funcionando, permitindo crear emprego e de maior calidade, reducindo estruturalmente a temporalidade e cunha contratación indefinida, especialmente a tempo completo, en valores máximos.  En termos estatais, rexistráronse un total de 1.413.683 contratos, dos que 619.333 son indefinidos, o que supón o 43,8% da contratación, é dicir, 32,5 puntos máis que os rexistrados no mesmo mes de 2021. Ademais, a modalidade máis estable, a indefinida a tempo completo, rexistra 253.289 contratos, incrementando o seu peso na estrutura contractual en 2,2 puntos, ata o 17,9% do total, case o triplo do que existía antes da reforma (6,2%). 

Así, os datos deste mes seguen demostrando que a norma laboral xurdida da reforma de 2021 está funcionando, permitindo crear emprego e de maior calidade, reducindo estruturalmente a temporalidade e cunha contratación indefinida, especialmente a tempo completo, en valores máximos.

Segue o camiño da mellora dos dereitos

Xa que logo, é o momento de seguir avanzando na mellora dos dereitos das persoas traballadoras, actuando en dúas direccións.

O primeiro, reformar dunha vez por todas os custos e causas do despedimento para que se adapten ao disposto na Carta Social Europea e garantan o dereito das persoas traballadoras a unha protección adecuada en caso de despedimento improcedente, segundo concluíu o Comité Europeo de Dereitos Sociais tras a reclamación presentada por UGT.

A segunda, a necesaria redución da xornada a 37,5 horas semanais sen redución salarial. Unha medida que, ademais de mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas, suporía tamén unha mellor redistribución das horas traballadas, reducindo os altos niveis de subempleo e incidindo nunha mellora da produtividade e da eficiencia de toda a economía.  

En definitiva, trátase de apostar por un modelo produtivo que sitúe no centro a mellora do emprego e das condicións laborais das persoas traballadoras, deixando de lado a precariedade e a inestabilidade laboral, tan contraproducentes para conseguir un patrón de crecemento sólido e sostido no tempo.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En setembro rexistráronse un total de 47.812 persoas en situación de desemprego, 694 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 4.617 persoas (-8,81%).

- Neste mes hai 395 homes e 299 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a agosto. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.672 mulleres e o masculino en 1.954 homes. As mulleres representan o 59,3% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 1.945 en setembro, o que supón un aumento de 264 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en agosto. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 243 menores de 25 anos desempregados menos.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de parados rexistrados aumenta en setembro en 268 persoas; chegando a un total de 3.872 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 111 persoas estranxeiras desempregadas máis.

- A información por sectores amosa un aumento de 694 persoas paradas. Se produce unha diminución de 36 persoas no sector da industria e 6 persoas no sector da construción. Pola contra, prodúcese un aumento de 16 persoas no agro. 433 persoas no sector servizos, e 287 persoas no colectivo sen emprego anterior.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 2,751 persoas en setembro, ata alcanzar unha media de 471.081 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 29.398, dos cales 9.487 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de setembro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 32,3%.