Bloqueo da negociación do Convenio de Contact Center

Fecha: 13 Mai 2022

Imaxe cabeza da manifestación

No día de hoxe as traballadoras e traballadores do sector de Contact Center saíron de novo as rúas do noso país para reivindicar unha subida dos salarios e o desbloqueo na negociación do Convenio Colectivo.

 

O V Convenio foi asinado tras un estancamento de 29 meses da negociación e o VI houbo que agardar dous anos. A mesa negociadora do VII Convenio Colectivo xa se leva reunindo dende hai 27 meses sen avances substanciais que permitan ver un acordo próximo que satisfaga os intereses dos traballadores e traballadoras do sector. Esta pasividade patronal está a posibilitar que os recentes cambios normativos e os avances sociais deixen por debaixo os niveis de esixencia da patronal.

Alcanzou ó sector o SMI, o que significa que os servizos que se prestan se paguen ó máis baio prezos, como se non tivesen valor.

As subas do IPC non se están a ver reflectidas en actualización salarial algunha.

Alcanzou ó sector a reforma laboral, mentres moitas empresas nin sequera acabaron coas contratacións por obra ou servizo.

Alcanzou ó sector a Lei do teletraballo, mentres que as empresas seguen recorrendo a esta fórmula sen regulamentación e sen recoñecer o dereito dos traballadores e traballadoras a percibir unha compensación polos gastos xerados.

Alcanzou ó sector a lexislación sobre transparencia e igualdade retributiva e as empresas do sector continúan sen realizar auditorías.

E vai alcanzar ó sector a Lei de servizos de atención á clientela, que vai demandar un nivel de formación e estándares de calidade que as empresas aínda están lonxe de conseguir.

 

O 22 de febreiro os traballadores e traballadoras do sector xa abriron o calendario de mobilizacións para denunciar esta situación, incluíndo na convocatoria ás plantillas contratadas a través de ETT, pois estas persoas están a sufrir aínda máis as carencias na regulación das condicións laborais.

O 8 de marzo convocáronse paros parciais cun seguimento masivo, pese ás dificultades para informar e para contrarrestar as mensaxes que trataban de impoñer as patronais do sector. Isto é síntoma do malestar dos traballadores e traballadoras cara a precariedade que sofren, baixos salarios, abuso das xornadas a tempo parcial, dificultades para conciliar, riscos psicosociais...

 

As propostas de UGT na mesa negociadora do VII Convenio colectivo son razoadas, proporcionadas e xustas. Encamíñanse non só a mellorar as condicións de traballo, senón que tamén apostan pola profesionalización do sector, por ofrecer servizos de valor engadido ás empresas cliente e para así afastarnos do estigma de servizos externalizados “low cost”, cos que as empresas cliente só buscan baixos custos e non calidade e profesionalidade, facendo aínda maior a perda de poder adquisitivo que xa sobre o sector dende hai máis de 10 anos. UGT reclama que esta transformación se produza coa implicación das empresas cliente que se atopan practicamente en todos os sectores económicos do país.

UGT anuncia que as mobilizacións continuarán ata que a patronal do contact center presente propostas asumibles polos traballadores e traballadoras do sector no presente e aposten por melloras par ao futuro.