Igualdade real, compromiso sindical

Manifesto e actos convocados con motivo do Día Internacional da Muller

Co gallo do 8M, dende UGT A Coruña e Cee realizaremos diferentes Actos.

  • O primeiro acto, terá lugar o día 7 de marzo ás 11:00 horas na Praza das Cigarreiras, onde realizaremos a lectura do manifesto do 8M. Dito acto será conxunto con CCOO.  
  • A continuación, ás 12:00 horas na Sede de UGT na Coruña, onde entregaremos a “Distinción Muller Traballadora” a Pilar Souto en recoñecemento do seu traballo sindical.
  • Por último, na tarde do 8 de marzo, participaremos na manifestación que terá lugar na cidade de A Coruña con motivo do 8M. A mesma parte ás 20:00 horas do Obelisco, con remate na Praza das Cigarreiras.

›› Manifesto 8 de Marzo: "Igualdade real, compromiso sindical"

›› Informes realizados : A situación das mulleres no ámbito laboral.

Cartel dos actos do 8M, descritos no texto da publicación.