Homenaxe a Pepe Carrillo polo seu compromiso social, laboral e sindical
Fecha: 13 Feb 2025

O 7 de febreiro foi un día moi especial, para a UGT Coruña e Cee, xa que se rendiu homenaxe a José Carrillo Souto polo seu compromiso social, laboral e sindical.
Ao acto, asistiron Pedro Blanco (Delegado de Goberno), Inés Rey (Alcaldesa do Concello da Coruña), María Rivas (Subdelegada de Goberno) e José Ramón Rioboo (en representación da Deputación da Coruña e Alcalde do Concello de Culleredo). Tamén estiveron presentes José Antonio Gómez (Secretario Xeral de UGT Galicia), Delia Irene Martínez (Secretaria Xeral de Servicios Públicos de UGT de Galicia), Javier Carreiro (Secretario Xeral de UGT FICA Galicia), Valentín Tato (Secretario Xeral da Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT Galicia), Roberto García (Secretario Xeral de Unións Agrarias), Fernando González (Presidente de honor da Fundación Luis Tilve), José Benito Núñez (Presidente da Fundación Luis Tilve), Ana Romero (Presidenta do Instituto José Cornide) e Cristóbal González (Secretario Xeral da Unión Comarcal de CCOO da Coruña).
Historia
Nado no 1953 na parroquia de Oínes, en Arzúa (A Coruña), provén dunha familia de esquerdas que se gañaban a vida coa agricultura e traballando o campo, e incluso co marisqueo, ao que se dedicou o seu pai nalgunha etapa da súa vida.
Empezou a traballar moi novo como dependente de comercio en Retales Oliva, e alí foi onde tivo os seus primeiros contactos co mundo laboral e sindical, nos anos 70, unha época dura, onde os dereitos laborais deixaban moito que desexar.
En 1979, movido por estas ideas e pola busca dun cambio no País, se afilia ó PSOE e á UGT, participando xa como delegado sindical nas primeiras eleccións sindicais en democracia, e formando parte do grupo fundador da Agrupación Socialista de Culleredo.
Tras 13 anos no comercio, entrou a traballar na fábrica de armas de Santa Bárbara, en A Coruña. Será alí onde a súa labor sindical se volve máis activa, negociando o Convenio xunto ó compañeiro Roberto Teijido, e como Secretario de Acción Sindical na Federación do Metal.
En 1992 é elixido Secretario Xeral Comarcal de UGT de A Coruña, co apoio e a proposta das compañeiras e compañeiros, cargo que xa non deixaría ata o ano 2020.
Carrillo é o exemplo dun sindicalista de raza, que reclamou ó longo de toda a súa traxectoria unha maior capacidade de negociación e un maior peso para os sindicatos, muralla de contención do abuso capitalista; así como a unión do sindicalismo internacional fronte a deslocalización e unha globalización tendente á liberalización do mercado de traballo; sempre dende o respecto ás ideas dos demais, xa que como el di, “a forma de avanzar é contrastar ideas”, pero mantendo un equilibrio entre as empresas e os sindicatos que impida o abuso empresarial e garanta os dereitos laborais fronte a precariedade, porque, como sostivo sempre, “a democracia hai que gañala tódolos días. Hai que participar e ser activista na vida se queremos que a sociedade funcione”. Máxima que sempre cumpriu e exemplificou ó longo da súa traxectoria sindical e vital.