Grupo FerroGlobe bloquea a negociación do III Acordo Marco
Fecha: 22 Mai 2024
Despois de días de negociación e distintas propostas da parte social, a dirección do Grupo FerroGlobe bloquea a negociación do III Acordo Marco mantendo a súa posición de incremento salarial 0% para o ano 2023.
Por iso comenzaron as mobilizacións nos distintos centros de traballo no territorio nacional (Galicia, Cantabria, Aragón e Madrid), asambleas informativas ao persoal e concentracións nas entradas e saídas das quendas de mañá e de tarde.
Dende as organizacións sindicais que constitúen a mesa negociadora do III Acordo Marco Grupo FerroGlobe (UGT FICA, CIG, CC.OO. USO e SU) trasladaron dende o inicio da negociación, 11 de xaneiro do 2023, as distintas propostas consensuadas dirixidas a mellorar o poder adquisitivo e as condicións laborales e sociais das persoas traballadoras do Grupo FerroGlobe.
Os excelentes resultados económicos obtidos pola compañía débense redistribuír entre todas as personas traballadoras, non so na alta dirección. Ante as diversas propostas realizadas pola parte social, a empresa, actuando con mala fe negociadora, impón liñas vermellas, negándose, reunión tras reunión, a efectuar ningún incremento salarial vinculado ao IPC nin a negociar unha porcentaxe de subida salarial para o ano 2023.
O persoal esixe un salario digno no Grupo FerroGlobe e informan que aumentarán ás mobilizacións se o bloqueo empresarial continúa.