As galegas tardan de media 3 anos e 8 meses máis que os homes en comprar unha vivenda

A fenda salarial tamén se traslada á vivenda, unha cifra que se agrava segundo o sector de actividadece a comunidade

Fecha: 15 Ago 2023

Muller nun balcón dunha vivenda

As traballadoras galegas teñen máis dificultades que os traballadores para adquirir unha vivenda digna, dereito recoñecido no artigo 47 da Constitución Española. Porén, non sempre se dan as condicións para cumprir este dereito: inflúen os salarios, o tipo de contrato que tes, onde vives e en que sector traballas. E as mulleres, con salarios máis baixos e peores contratos, en xeral están a perder. 

Así, se unha muller e un home que traballan destinan, sós, o 30% do seu salario bruto á adquisición dunha vivenda: a muller levaría unha media de tres anos e oito meses máis que o home. Unha cifra que varía segundo o tipo de actividade na que se traballe e segundo a Comunidade Autónoma na que se resida, en datos estatais a muller tardaría tres anos e nove meses máis que o home. Un cálculo que se realiza tendo en conta os últimos salarios medios brutos desagregados por sexo correspondentes ao ano 2021 (proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística, a través da Enquisa Anual de Estrutura Salarial) e os prezos medios das vivendas novas e de segunda man que o INE recolle para ese mesmo ano.

Táboa prezo medio vivenda e salarios medios do home e muller

 

Tamén inflúe o sector no que traballamos e a diferenza salarial. Así, a franxa oscila entre os 9 anos máis en actividades administrativas e servizos auxiliares ata case 5 anos en actividades profesionais, científicas e técnicas.

Salarios medios segundo a actividade

O traballo a tempo parcial, un obstáculo para o acceso á vivenda

Por outra banda, traballar a tempo parcial dificulta atopar un fogar por conta propia. En España, dous millóns de mulleres e algo máis de medio millón de homes traballan neste tipo de xornada. Para facer fronte ao prezo da vivenda enfróntanse a unha dobre situación ou viven en moi malas condicións ou están condenados a depender doutra persoa.

Diferencias entre os prezos da vivenda e salarios medios a tempo completo e parcial

A realidade é que moitos mozos con este tipo de contratos prolongan durante anos o seu aloxamento en pisos de aluguer compartido, a prezos aínda superiores ao que pode custar unha mensualidade hipotecaria. 

UGT considera que é necesario seguir influíndo na estabilidade laboral, avanzar na suba do Salario Mínimo Interprofesional, e garantir os contratos voluntarios a tempo parcial, e cunhas condicións salariais adecuadas (que pode ser a metade máis o 10% do SMI a tempo completo). , esixe o cumprimento dos preceptos constitucionais de traballo e vivenda dignas.