A fortaleza do mercado laboral non se reflicte nas condicións salariais das persoas traballadoras

Este 11N e o momento de esixir que a riqueza xerada se traduza en salarios dignos e vivendas accesibles.

Fecha: 05 Nov 2026

Imaxe dunha rúa peonil

A Seguridade Social sumou na provincia da Coruña 1.007 persoas afiliadas en outubro, mentres que o desemprego rexistrado aumentou en 1.074 persoas, segundo os datos publicados polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e o Ministerio de Traballo e Economía Social. Este dobre aumento, como en casos anteriores, explícase por dous factores. En primeiro lugar, o regreso total do persoal docente e educativo tras o parón estival, xunto coas campañas agrícolas de outono, impulsa a afiliación; en segundo lugar, o final definitivo da tempada turística fai que as persoas que traballaron nos sectores da hostalería e o comercio durante o verán vexan agora rematados os seus contratos.

UGT interpreta estas cifras como unha proba máis da fortaleza do emprego, pero esta fortaleza non se traduce axeitadamente no poder adquisitivo das persoas que traballan.

As cifras confirman o éxito dunha reforma que UGT promoveu e acordou no marco do diálogo social, e que mudou fundamentalmente a forma en que se fan os contratos no noso país: hoxe, o emprego estable é a norma, non a excepción, o que se traduce nunha maior seguridade e mellores condicións para millóns de persoas traballadoras. 

Retos e peticións

  • Consolidar as melloras do mercado laboral e estendelas a colectivos e sectores onde a temporalidade é máis frecuente.
  • Dotar aos servizos públicos de emprego con máis persoal e máis orientadoras, capaces de deseñar itinerarios profesionais personalizados para aquelas que máis os necesitan. 
  • Salarios. A diferenza entre os acordos salariais pactados nos convenios e o IPC adiantado presenta unha perda continua de poder adquisitivo para millóns de fogares, o que é aínda máis grave para os que cobran o salario mínimo. Por este motivo, o sindicato UGT pide un aumento de polo menos o 7% para 2027. Ao mesmo tempo, a CEOE debe levantar o seu bloqueo ao VI Convenio Colectivo Nacional (AENC) e aceptar aumentos salariais que superen a inflación, acompañados de cláusulas de revisión que protexan ás persoas traballadoras se os prezos seguen subindo.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En outubro rexistráronse un total de 46.117 persoas en situación de desemprego, 1.074 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro aumentou en 1.147 persoas (2,55%).

- Neste mes hai 519 homes e 555 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a setembro. En termos anuais, o paro aumentou en 505 homes e 642 mulleres. As mulleres representan o 58,95% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas son 2.232 en outubro, o que supón un aumento de 84 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en setembro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou en 240 persoas.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas aumentou en outubro en 303 persoas; chegando a un total de 5.444 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 1.556 persoas estranxeiras desempregadas.

- A información por sectores amosa un aumento de 1.074 persoas paradas. Se produce un aumento de 26 persoas no colectivo sen emprego anterior, 59 persoas no sector do agro, 128 persoas na industria, 836 persoas no sector de servizos e 25 no sector da construción.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 1.007 persoas en outubro, ata alcanzar unha media de 492.442 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 28.684, dos cales 9.000 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de outubro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 31,38%.

Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee

- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un aumento de 75 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.814 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro aumentou en 60 persoas (3,3%). Na maioría dos Concellos rexístrase un aumento do paro, sendo máis acusado nos Concellos de Fisterra (24 persoas) e Cee (23 persoas) e, o paro diminúe nos Concellos de Outes en 10 persoas e Vimianzo en 4 persoas.

- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un aumento de 466 persoas (son 23.550 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro aumentou en 632 persoas (2,68%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Betanzos (13 persoas) e Carballo (11 persoas). Rexistrándose un aumento de paro maior nos Concellos da Coruña (249 persoas) e Arteixo (70 persoas).