Folga na hostalería da provincia da Coruña o día 12 ante o bloqueo do convenio

Debido á situación actual da negociación, rexistráronse diversas concentracións fronte aos principais hoteis da cidade

Fecha: 04 Ago 2026

Imaxe aérea dunha mesa da cafetería dun hotel, onde hai unha mesa central con alimentos e servizos, e ao carón da mesa hai 4 persoas

UGT, xunto con CCOO e CIG, convocan folga na hostalería da provincia da Coruña o día 12 de agosto.

Chégase a esta situación ante o bloqueo da negociación do convenio colectivo por parte da patronal do sector, así o explicou Juan Manuel Carreira (FeSMC UGT A Coruña): "Xa vai ano e medio da finalización do convenio e os traballadores e traballadoras están a sufrir salarios conxelados dende o 1 de xaneiro de 2025 e a isto hai que engadirlle a actitude belixerante por parte dos empresarios que insisten en recortar dereitos xa recoñecidos."

A folga vai afectar a toda a actividade relacionada coa comida, bebida, lecer e descanso, é dicir, restaurantes, hoteis, bares, discotecas... Un sector que na provincia aglutina ao redor de 28.000 persoas.

Trátase dun sector altamente precarizado, con horarios complexos e salarios baixos, por exemplo, unha camareira ou camareiro no nivel máis alto pode ter un salario neto de 1.086 euros.

Por iso, insístese na urxencia de que a patronal se sente a negociar condicións salariais e laborais dignas e que este diálogo se afronte con seriedade e rigor, non se pode pretender dilatar no tempo o
proceso para evitar pagar os atrasos, entre outras cuestións.

Así mesmo, denuncian que, ante a pasividade da Patronal dos Hoteleiros Coruñeses, son moitas as empresas que están a ofrecer subidas salariais, coa condición de que non secunden a folga, tamén hai varios hoteis que ofrecen a plantilla unha suba salarial a conta convenio si non secundan a folga.

Tamén denuncian que as mensaxes enviadas dende a prensa polo Presidente da Patronal Coruñesa, non se corresponden coa realidade xa que as centrais sindicales non recibiron as ofertas indicadas.

Debido á situación actual da negociación, rexistráronse diversas concentracións fronte aos principais hoteis da cidade o vindeiro 12 de agosto:

  • 10.30 no Eurostar Atlántico
  • 12.00 no Finisterre
  • 13.30 no Meliá
  • 16.00 no Riazor
  • 17.30 no Hesperia

Os tres sindicatos, UGT, CCOO e CIG recordan que están dispostos a sentarse a negociar para resolver a situación de bloqueo actual