A empresa de contact center Teleperformance pretende despedir a 310 persoas
Fecha: 05 Set 2023
No día de onte celebrouse a primeira reunión do período de consultas polo despedimento colectivo (antes ERE), que pretende facer a empresa Teleperformance e que afectaría a 310 persoas traballadoras dos centros situados en Sevilla (110), Ponferrada (158), Madrid (4) e A Coruña (38).
As campañas afectadas por esta medida son:
- Vodafone: 198 traballadores afectados (143 en quenda de mañá e 55 de tarde).
- Netflix: 72 traballadores afectados (43 en quenda de mañá e 29 de tarde).
- Estrutura de operacións: 40 traballadores afectados.
A empresa desafectou ás persoas que teñan 50 ou máis anos e pretende executar o despedimento, como moi tarde, o próximo 3 de novembro.
Desde UGT solicitamos á compañía numerosa documentación co fin de analizar a causa deste despedimento colectivo. A nosa Organización está a estudar toda a información achegada ata o momento, ademais da que nos entregarán en próximos días.
O expediente de despedimento colectivo que presentou Teleperformance é por causas organizativas e produtivas, debido a unha minoración do servizo por parte dos clientes.
Unha vez estudada a causa e a súa intensidade, UGT negociará de boa fe, en defensa, sempre, dos postos de traballo, pola menor afectación e, no seu caso, por obter as mellores condicións posibles para as persoas traballadoras.
Estableceuse un calendario de reunións coas seguintes datas: 12, 14, 19, 22, 25, 29 de setembro e 3 de outubro.