É o momento de seguir mellorando o mercado laboral para facelo máis eficiente e xusto
A mellora das condicións laborais favorece o crecemento económico
Fecha: 10 Dec 2024
Os datos de paro rexistrado e de afiliación de novembro amosan un descenso do número de persoas desempregadas e un descenso do número de persoas afiliadas á Seguridade Social con respecto ao mes anterior.
Así, neste mes hai 167 persoas menos paradas que en outubro, e con iso, o total de persoas en situación de desemprego sitúase en 47.855. En comparación co mesmo mes do ano anterior, son 4.578 menos as persoas rexistradas como paradas.
Pola súa banda, a afiliación descendeu en 455 persoas en novembro, debido fundamentalmente ao descenso do emprego na hostalería tras o final da tempada estival. A pesar diso, o total de persoas afiliadas é 472.011. Isto supón 10.470 persoas máis que o ano anterior.
En relación á contratación, este mes formalizáronse un total de 24.047 contratos, dos que 7.963 son de carácter indefinido, o que supón o 33% da contratación.
Abordar cuestións pendentes como a redución de xornada ou o incremento do SMI
Agora, pois, é o momento de seguir mellorando as cuestións pendentes no mercado laboral, para facelo máis eficiente e xusto.
Neste senso, ademais de insistir na redución da temporalidade, cómpre avanzar en tres eidos: en primeiro lugar, seguir mellorando o SMI e conseguir incrementos salariais na negociación colectiva que permitan recuperar todo o poder adquisitivo perdido coa crise inflacionista; en segundo lugar, atacar o paro de longa duración (máis dun ano buscando traballo); e terceiro, reducir o traballo a tempo parcial involuntario, que é a principal fonte de pobreza laboral no noso país.
Ao mesmo tempo, hai que incidir na necesaria redución da xornada a 37,5 horas semanais no próximo ano, como primeiro paso para acadar a xornada de 32 horas, que permita unha mellor redistribución da xornada, favorecendo a conciliación da vida laboral e familiar das persoas traballadoras, ao tempo que se gaña produtividade e eficiencia económica para as empresas.
En definitiva, a experiencia da reforma laboral, así como os incrementos do SMI, demostra que a mellora das condicións laborais das persoas traballadoras non repercute negativamente no crecemento da economía española senón que a fomenta, conformando un camiño de desenvolvemento económico máis xusto socialmente, sólido e sostido no tempo.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En novembro rexistráronse un total de 47.855 persoas en situación de desemprego, 167 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 4.578 persoas (-8,73%).
- Neste mes hai 164 homes máis e 331 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a outubro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.779 mulleres e o masculino en 1.799 homes. As mulleres representan o 58,22% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 2.052 en novembro, o que supón un aumento de 100 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en outubro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 134 menores de 25 anos desempregados menos.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistrados diminúe en novembro en 61 persoas; chegando a un total de 4.048 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 102 persoas estranxeiras desempregadas máis.
- A información por sectores amosa un descenso de 167 persoas paradas. Se produce unha diminución de 10 persoas no agro, 14 persoas na industria, 105 persoas no sector servizos e 57 persoas no colectivo sen emprego anterior. Pola contra, prodúcese un aumento 19 no sector da construción.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 455 persoas en novembro , ata alcanzar unha media de 472.011 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 24.047, dos cales 7.963 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de novembro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 33,11%.