É necesario investir en políticas activas de emprego para combater o desemprego de longa duración.
Os datos reflicten unha tendencia estacional propia deste período
Fecha: 02 Set 2025

Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social de agosto, publicados hoxe, mostran unha diminución das persoas afiliadas rexistradas e un aumento das persoas traballadoras desempregadas en comparación con xullo. Estes resultados reflicten unha tendencia estacional propia deste período e débense ao peche de moitos negocios por motivos vacacionais. Non debemos esquecer que a evolución do mercado laboral está moi influenciada pola época do ano e as flutuacións estacionais da actividade.
Para poder continuar coa evolución de diminución do número de persoas desempregadas é necesario reformar e investir en políticas activas de emprego eficientes, que estean ben dotadas de recursos humanos e técnicos para desenvolver adecuadamente a orientación e a colocación laboral, aumentando así a empregabilidade das persoas en situación de desemprego. Estes cambios son especialmente relevantes para aquelas que están desempregadas de longa duración, é dicir, aquelas que levan máis dun ano buscando traballo.
A mellora na calidade do emprego, debe complementarse con melloras na lexislación que regula os despedimentos. Neste sentido, a UGT considera que a resolución do Comité Europeo de Dereitos Sociais (CEDS) debería incorporar medidas máis eficaces para garantir o cumprimento da Carta Social Europea neste ámbito, dado que o Comité de Ministros do Consello de Europa instou oa Goberno español a garantir que o custo da indemnización por despedimento improcedente sexa realmente disuasorio para a parte empregadora. Esta medida contribuiría tamén a aumentar a seguridade laboral dos traballadores e traballadoras e a garantir unha maior estabilidade laboral, o que tería un impacto positivo na produtividade.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En agosto rexistráronse un total de 43.595 persoas en situación de desemprego, 855 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 3.523 persoas (-7,48%).
- Neste mes hai 312 homes e 543 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a xullo. En termos anuais, o paro feminino baixou en 1.958 mulleres e o masculino en 1.565 homes. As mulleres representan o 59,87% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.578 en agosto, o que supón un aumento de 91 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en xullo. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 103 persoas.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas diminúe en agosto en 117 persoas; chegando a un total de 3.428 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 22 persoas estranxeiras desempregadas.
- A información por sectores amosa un aumento de 855 persoas paradas. Se produce unha diminución no sector do agro de 7 persoas. Pola contra, prodúcese un aumento nos sectores da industria en 139 persoas, construción en 14 persoas, servizos 650 persoas e no colectivo sen emprego anterior 59 persoas.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 1.879 persoas en agosto, ata alcanzar unha media de 482.219 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 24.626 dos cales 6.367 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de agosto sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 25,85%.
Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee
- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un aumento de 26 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.636 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 139 persoas (-7,83%). Os Concellos no que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Outes (4 persoas) e Corcubión (3 persoas). Pola contra, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos de Vimianzo (14 persoas) e Fisterra (5 persoa).
- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un aumento de 502 persoas (son 22.562 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 1.584 persoas (-6,56%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Bergondo (15 persoas) e Curtis (6 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos da Coruña (281 persoas) e Carballo (58 persoas).