É fundamental seguir implementando medidas no mercado laboral
O obxectivo debe ser un impacto real e positivo na vida das persoas traballadoras
Fecha: 03 Feb 2026
Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social do mes de xaneiro, publicados hoxe, mostran un descenso da afiliación e un aumento do desemprego, en liña co comportamento habitual do mercado laboral durante este mes, caracterizado polo final do período de Nadal e, polo tanto, o aumento da contratación estacional que implica para o emprego. Esta situación prodúcese tanto a nivel provincial como estatal.
En concreto, na provincia da Coruña a afiliación á Seguridade Social diminuíu en xaneiro en 5.294 persoas respecto a decembro. En termos interanuais, representa un aumento de 8.246 persoas afiliadas. Por iso, a pesar da importante caída neste mes, a evolución anual amosa o crecemento na afiliación e a mellora do mercado laboral.
En canto ao desemprego rexistrado, aumentou en 1.092 persoas con respecto a decembro (+2,46%), chegando ás 45.561. Durante o último ano, o desemprego reduciuse en 2.385 persoas, o que representa un descenso do 4,97%.
En resumo, os datos dispoñibles amosan a forta incidencia dos factores estacionais, aínda que seguen a confirmar como os cambios introducidos pola reforma laboral están a consolidar unha clara mellora na cantidade e calidade do emprego, pero é imprescindible seguir realizando cambios.
A suba do SMI é un paso fundamental para continuar mellorando as condicións de vida das persoas con ingresos máis baixos. Pero non debemos esquecernos do estancamento dos salarios intermedios, por iso é necesario avanzar na negociación do VI Convenio Colectivo Estatal (AENC), donde ademáis dos salarios, inclúe outras demandas como a redución da xornada, complementos salariais para o acceso a unha vivenda,...En definitiva, o sindicato considera fundamental seguir implementando medidas que xeren un impacto real e positivo na vida da clase traballadora, promovendo así unha distribución máis xusta da riqueza.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En xaneiro rexistráronse un total de 45.561 persoas en situación de desemprego, 1.092 persoas mais que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 2.385 persoas (-4,97%).
- Neste mes hai 416 homes e 676 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a decembro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 1.314 mulleres e o masculino en 1.071 homes. As mulleres representan o 58% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.987 en xaneiro, o que supón un aumento de 111 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en decembro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou en 10 persoas.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas aumentou en xaneiro en 265 persoas; chegando a un total de 3.990 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 213 persoas estranxeiras desempregadas.
- A información por sectores amosa unha aumento de 1.092 persoas paradas. Se produce un aumento no sector do agro de 47 persoas, 4 persoas na industria, sector de servizos de 1.024 persoas e 67 persoas no colectivo sen emprego anterior, e unha diminución no sector da construción en 50 persoas.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 5.294 persoas en xaneiro, ata alcanzar unha media de 474.175 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 22.718 dos cales 7.405 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de xaneiro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 32,58%.
Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee
- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un aumento de 82 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.922 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 94 persoas (-4,66%). O Concello no que se rexistra un descenso de paro é Mazaricos (6 persoas) . No resto dos Concellos se rexista un aumento do paro, así mesmo o paro é más acusado nos Concellos de Cee (19 persoas), Fisterra (10 personas), Muros (10 personas) e Vimianzo (10 personas).
- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un aumento de 405 persoas (son 22.987 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 1.157 persoas (-4,79%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: A Laracha (50 persoas) e Carballo (34 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos da Coruña (330 persoas), Oleiros (43 persoas) e Arteixo (40 persoas).