Día internacional da Muller 2022
Fecha: 08 Mar 2022
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, desde UGT A Coruña e Cee iniciamos este segundo acto ca lectura do Manifesto do 8M.
A loita polos dereitos das mulleres e pola igualdade plena e efectiva entre mulleres e homes vertebran a nosa actuación sindical, en coherencia cos nosos valores fundacionais, de maneira especial no ámbito laboral, escenario principal do noso traballo sindical. Cumprimos co noso compromiso coa eliminación de calquera forma de discriminación e violencia contra as mulleres
Desde o último ano, vivimos unha época complicada. Seguimos padecendo as consecuencias da pandemia ocasionada pola covid-19, e a situación de crise sanitaria ocasionou unha crise económica e social que empeorou a situación de desigualdade estrutural que afecta ás mulleres, da que aínda non nos recuperamos totalmente.
Puxemos a nosa parte para acordar importantes logros : ERTE, salario mínimo interprofesional (SMI), o ingreso mínimo vital, o complemento de redución de fenda de xénero nas pensións, reforma laboral entre outros. Son medidas que benefician directamente a miles de traballadoras que se encontran nunha situación especialmente precaria, que van ver melloradas as súas condicións laborais e salariais, o que redundará na redución de fendas de xénero no emprego.
Pero malia os avances normativos, queda moito por facer.
A continuación, fixemos a entrega do premio “Distinción Muller Traballadora” a Raquel Barral López. Este premio é en reconocimiento da súa labor e traxectoria personal, profesional e sindical, pola defensa e a reivindicación da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes. Raquel Barral leva afiliada a UGT uns 30 años. Pertenceu á Executiva da Federación de Servicios Públicos ata o 2006 e, ahora é delegada na Diputación de A Coruña.
O acto finalizou ca concentración realizada nas portas da Sede de UGT A Coruña.