Dereitos, non trincheiras. Salarios, vivenda e democracia.
Actos e manifesto do 1º de Maio
Fecha: 22 Abr 2026
A Unión General de Trabajadoras e Trabajadores anima á cidadanía a participar nas mobilizacións que terán lugar por todo o país o vindeiro primeiro de maio, convocadas baixo o lema: "Dereitos, non trincheiras. Salarios, vivenda e democracia.".
Un Primeiro de Maio, nun momento decisivo, no que están en xogo non só as condicións de vida da clase traballadora, senón a propia calidade das nosas democracias.
Facemos un chamamento á cidadanía deste país a mobilizarse masivamente durante esta xornada e apostar polos dereitos, liberdades, dignidade e progreso para mellorar a calidade de vida das maiorías sociais.

› Actos convocados:
O primeiro dos actos convocados é a entrega do XXII Premio 1º de Maio, que terá lugar o 30 de abril ás 11 no Salón de Actos do Edificio de Sindicatos de Alfonso Molina.
Os mesmos continuarán o 1 de maio:
• 10:00 realizaremos a entrega floral no cemiterio civil xunto con CCOO.
• 11:00 realizaremos a entrega floral na Plaza de Pablo Iglesias co PSOE.
• 12:00 manifestación con saída dende a Praza da Palloza ata a Praza de Ourense.