Cos dereitos da xente non se xoga
Fecha: 03 Feb 2025

Dende CCOO e UGT chamamos á cidadanía a mobilizarse porque cos dereitos da xente non se xoga e porque non se pode dar nin un paso atrás e non se pode aceptar que se frivolice co benestar da clase traballadora.
As persoas e os seus dereitos non poden ser reféns das loitas partidarias nin dos intereses inmediatos dalgúns partidos políticos. As estratexias políticas non poden poñer por diante á clase traballadora, aos pensionistas e aos colectivos máis vulnerables . Custounos moito conseguir un sistema de pensións público e sostible, e non imos permitir que se vexa ameazado por litixios a curto prazo que pretenden debilitalo a favor da súa privatización.
Manifestámonos porque o Parlamento debe estar ao servizo da xente , non de estratexias a curto prazo que só serven para desprestixiar a quen as leva a cabo e teñen efectos negativos sobre as institucións democráticas que están destinadas a defender. A non validación do Real decreto lei 9/2024 puxo en risco medidas sociais fundamentais que afectan a millóns de persoas:
- Máis de 10 millóns de pensionistas viron ameazada a revalorización das súas pensións.
- 2 millóns de persoas beneficiarias da Renda Mínima Vital (IMV) quedaron na incerteza sobre a súa protección.
- O incremento das pensións mínimas entre o 6% e o 9% estaba en perigo.
- Bloqueáronse as axudas ás vítimas da DANA e do volcán da Palma.
- A moratoria dos desafiuzamentos de familias vulnerables quedou paralizada.
- O apoio ao transporte público foi cuestionado para máis de 20 millóns de usuarios.
Non podemos permitir que estes dereitos sexan utilizados como moneda de cambio nunha disputa estéril e artificial co falso argumento de se "as medidas deben presentarse conxuntamente ou por separado" en distintos decretos, cando está claro que a finalidade e a intención era aproveitar a ocasión para castigar a un Goberno, por diferentes motivos, pero de costas a máis da metade da poboación do país. O importante non é como se tramitan, senón que se aproben e entren en vigor.
O anuncio de mobilizacións e a indignación social deron os seus primeiros resultados coa aprobación do Real Decreto-Lei 1/2025. Pero insistimos, en que os dereitos das persoas, especialmente dos máis vulnerables , non poden ser reféns por intereses partidarios que só buscan un beneficio inmediato e aínda quedan moitas cuestións en xogo.
» Manifesto : Cos dereitos da xente non se xoga