Continúan as mobilizacións na sanidade privada da provincia da Coruña
Fecha: 08 Feb 2024
Os traballadores e traballadoras da sanidade privada da provincia da Coruña continúan coas mobilizacións por un convenio colectivo digno, que a día de hoxe está bloqueado.
Así, este luns concentráronse fronte á sede do Sergas en Santiago co fin de demandarlle á Consellería de Sanidade a súa mediación ante a patronal para intentar romper o bloqueo. Ademais, UGT, xunto con CCOO e CIG, rexistraron un escrito no que solicitan unha xuntanza co conselleiro para tratar esta problemática.
O xoves, día 7, de novo os traballadores e traballadoras do sector responderon dun xeito moi significativo á convocatoria de folga que estivo acompañada dunha manifestación na cidade da Coruña.
Xornada, táboas salariais e complementos son puntos nos que ambas partes están moi afastadas na negociación porque a patronal négase a chegar a uns mínimos, unha xornada similar á media do sector en todo o Estado e unhas táboas salariais que partan do SMI legal publicado, respectando as diferenzas existentes entre categorías. Tamén se demanda a retirada da proposta de modificar a contía que se cobra a día de hoxe polos trienios e tamén sacar da negociación a proposta de eliminar do pago do 100% das retribucións no caso de IT.