Continúa a folga no téxtil para dicir non ao convenio de arte que supón unha perda significativa de dereitos laborais

O preacordo empeora as licenzas retribuídas e complementos

Este luns as traballadoras e traballadores do sector volveron saír ás rúas e protagonizaron unha xornada de folga para dicir non ao preacordo do convenio de ARTE.

As concentracións, desenvolvidas nas cidades galegas, contaron cunha ampla participación de persoas traballadoras do sector do comercio, que saíron á rúa para defender os seus dereitos laborais e expresar o seu malestar cun acordo que consideran prexudicial. UGT considera que este acordo supón un retroceso en dereitos laborais fundamentais conquistados tras anos de negociación.

O preacordo expón a eliminación ou o enfraquecemento de aspectos clave como as licenzas retribuídas, complementos económicos, garantías sobre a xornada laboral ou a estabilidade na contratación.

Neste sentido, advirten que asúa aplicación implicaría unha precarización do sector do comercio.

UGT agradece a implicación e o compromiso de todas as persoas que participaron nas protestas, subliñando que a resposta colectiva demostra a importancia da mobilización para frear medidas que supoñan
unha perda de dereitos.

A Organización insiste en que seguirá traballando e defendendo unhas condicións laborais dignas para o
conxunto do sector, reiterando o seu rexeitamento a calquera acordo que implique retrocesos nas conquistas logradas tras anos de negociación.