Conter os prezos, protexer o emprego
Fecha: 17 Mar 2022
Demandamos ó Goberno de España e á UE que actúen para conter a escalada disparatada dos prezos, protexer o emprego e frear o deterioro das nosas condicións de vida.
O deterioro das condicións de vida das familias e persoas traballadoras e consumidoras, do tecido produtivo, e do conxunto da cidadanía, é moi palpable. Mes a mes as facturas da luz, a calefacción, a gasolina, os alimentos, a vivenda ou o transporte aumentan e detraen cada vez máis e máis recursos.
Dende a UGT solicitamos que á UE, ó Goberno de España e á patronal, actúen.
A Unión Europea ten que autorizar ós Estados a levantar as normas que impiden o control dos prezos, en especial o da enerxía. É preciso desvincular o precio da electricidade do gas e lograr que o precio da enerxía represente o seu valor real e, deste xeito frear a especulación actual.
O Goberno español debe utilizar as súas competencias, restrinxir os beneficios das empresas que están a utilizar o conflito bélico e non limitarse a baixada dos impostos como solución para reducir os prezos.
É preciso que a patronal actúe para o control dos prezos, xa que mentres unhas empresas teñen grandes beneficios, outras teñen que pechar.
Ante este escenario chamamos á mobilización: