Concentracións en apoio a Ucraína

UGT A Coruña e Cee reitera a súa máis enérxica condena á invasión rusa de Ucraína. Este covarde e ilexítimo acto bélico e a consecuente guerra deben parar de inmediato. Ademais, expresamos a nosa solidariedade coas xentes de Ucraína e coa súa clase traballadora, coas vítimas no país e coas e cos traballadores ucraínos que residen en España e que viven con dor o drama da guerra na distancia.

Por elo, fecemos un chamamento ás traballadoras e traballadores galegos, como vai suceder no resto do Estado, para que mañá, 9 de marzo, se manifesten de xeito silencioso na entrada dos seus centros de traballo de 12.00 a 12.05 horas, solidarizándose así co pobo ucraíno, pedindo o alto ó fogo e a inmediata retirada das tropas rusas do país.

No terreo humanitario, instamos ós gobernos da Xunta, de España e da UE a que estean á altura que require este situación, brindando todo o apoio necesario ás persoas afectadas pola guerra, na rexión ou onde estas se despracen, elaborando plans de acollida e recolocación dentro da UE.

Tamén deberán facilitarse oportunidades laborais. Hoxe máis que nunca é imprescindible manter presentes os principios fundadores de Europa: paz, democracia e solidariedade.

► Manifesto