Concentración nas residencias da terceira idade
Fecha: 21 Mar 2022
O día 18 de marzo, as traballadoras e traballadores das residencias da terceira idade continuaron ás súas movilizacións en protesta pola falta de negociación do convenio colectivo diante do centro de Domus VI en Oleiros.
É necesario unha actualización do convenio e unha mellora das condicións laborais.
Actualmente poden chegar a traballar ata 12 días seguidos sen libranzas ou, estar 3 auxiliares con 190 residentes durante os turnos da noite debido a falta de persoal. As políticas das ratios levan moitos anos sen se modificar e, as empresas úsanas o seu antollo. Non se cubre o persoal de vacacións nin de baixa, mermando a calidade de servizo e aumentando a carga de traballo.
Tamén néganse a suba salarial conforme o IPC, aínda que ás empresas si repercuten o aumento nos servizos ás persoas usuarias.