Concentración do persoal de Universal para denunciar as súas condicións laborais
Fecha: 12 Xuñ 2024
O persoal de Universal Support, que está ao servizo da campaña Superlínea do Banco Santander, concentráronse na sede desta entidade bancaria nos cantóns da Coruña para denunciar as condicións laborais ás que se ven sometidos: presión polas vendas, ausencia de tempo entre chamadas, falta de organización e planificación do traballo, precarización da contratación, modificación das condicións de traballo, falta de formación e actualización de protocolos e incentivos que non incentivan.
Solicitan así mesmo, que a entidade atenda ás peticións da parte social para poder mellorar a situación da campaña. Indican que si a situación persiste, continuarán coas mobilizacións o vindeiro 28 de xuño, data na que están convocados paros e unha nova concentración ante o Banco Santander no Cantón Grande, na Coruña.