Chegou o momento de reducir a xornada a 37,5 horas

UGT e CCOO acordan un calendario de mobilizacións durante todo o mes de setembro pola redución de xornada sen redución de soldos

Fecha: 04 Set 2024

Texto: Chegou o momento de reducir a xornada laboral a 37.5h. Imaxe: franxa azul que simboliza a xornada laboral, e unha persoa movendo a franxa.

A Unión General de Trabajadoras y Trabajadores (UGT) e Comisións Obreiras (CCOO) puxeron en marcha este luns unha campaña para lograr unha redución da xornada a 37,5 horas sen reducir os salarios.

Co fin de humanizar as relacións laborais e mellorar a vida das persoas, os dous grandes sindicatos acordaron un calendario de mobilizacións ao longo do mes de setembro con cada vez maior desenvolvemento na rúa e no ámbito laboral.  

Case 13 millóns de persoas traballadoras do sector privado beneficiaranse desta medida. Ademais, contribúe a avanzar na igualdade efectiva entre mulleres e homes; mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas traballadoras e incide directamente na produtividade das empresas na economía do país.

Porque xa pasaron máis de 40 anos desde que se estableceu a xornada de 40 horas e porque é o momento de reducila a 37,5: é o momento de reducir a xornada por lei en España.

 

>> Manifesto: chegou o momento de reducir a xornada a 37,5 horas

>> Pola redución da xornada AGORA