A brecha salarial nos salarios por hora no Concello da Coruña é de 19,2%
Mentres exista brecha salarial, non hai igualdade
Fecha: 19 Feb 2026
Co gallo do Día pola igualdade salarial, 22 de febreiro, UGT presentou o informe 'La brecha salarial baja. La desigualdad no desaparece', no que se analizan os datos que facilita o INE a través da Enquisa de Estrutura Salarial con datos de 2023.
Os datos amosan que en 2023, en termos estatais, as mulleres cobraron 4.781,18 euros menos que os homes, o que sitúa a brecha salarial no 15,74 %. A diferencia na comunidade Galega é de 4.326,07 €, e a brecha salarial é do 15,74 %.
A pesar do importante avance na redución da brecha salarial as mulleres seguen a situarse como perceptoras dos salarios máis baixos. As razóns detrás da brecha salarial son múltiples e complexas, a diferencia na remuneración no traballo de igual valor, a representación da muller no mercado laboral (postos de menor remuneración), o modelo de contratación que soportan as mulleres (máis parcialidade involuntaria), carreiras profesionais menos estables por ter que asumir a labor dos coidados, maior representación en sectores máis precarizados.... e todo isto conduce ás grandes diferencias nas prestacións de desemprego ou incluso na xubilación, chegando nalgúns casos a situacións que rozan o risco de pobreza e a exclusión social.
Retribución por hora traballada
Os datos por hora traballada, son moi significativos porque eliminan calquera distorsión, en relación ó modelo de contratación, que se podería utilizar como escusa para xustificar salarios máis baixos, porque aquí o que se valora é o pago por hora de traballo, independentemente se se está a falar dun contrato a tempo completo ou parcial.
Segundo os datos da Enquisa anual de estrutura salarial do INE do ano 2023, en Galicia, a brecha do salario hora é de 7,0%, as mulleres perciben 15,36 euros por hora traballada, fronte aos 16,52 € dos homes.
Na cidade da Coruña, segundo os datos facilitados no Estudo de Salarios elaborado polo Instituto Galego de Estatística, a brecha do salario hora é de 19,2 %, o que significa que as mulleres perciben de media 2 € menos por hora traballada que os homes.
Algunhas das medidas para acabar coa brecha salarial
Máis información:
- Informe: "Brecha salarial en Galicia" elaborado por UGT Galicia
- Informe: "La brecha salarial baja. La desigualdad no desaparece.'' elaborado por UGT.