A brecha salarial está reducindo pero as mulleres seguen cobrando os salarios máis baixos
A brecha do salario hora no Concello da Coruña ascende ao 15,1%
Fecha: 18 Feb 2025

Co gallo do Día pola igualdade salarial, 22 de febreiro, UGT presentou o informe 'La brecha salarial entre mujeres y hombres sigue descendiendo', no que se analizan os datos sobre salarios desagregados por sexos facilitados pola Enquisa de Estrutura Salarial publicada polo Instituto Nacional de Estatística.
Os datos amosan que en 2022, en termos estatais, as mulleres cobraron 5.022,46 euros menos que os homes, o que sitúa a brecha salarial no 17,09%. A diferencia na comunidade Galega é de 4.714,14€, sen embargo a brecha salarial é do 17,7%%. O salario medio das mulleres galegas sitúase no 2022 en niveis similares aos que tiñan os homes no ano 2009, 13 anos de
desigualdade, o que pon de manifesto as grandes diferenzas existentes, así como a lenta revalorización do salario feminino.
É certo que se están a lograr progresos, pero a desigualdade aínda persiste. As razóns detrás da brecha salarial son múltiples e complexas, a representación da muller no mercado laboral (postos de menor remuneración), o modelo de contratación que soportan as mulleres (máis parcialidade involuntaria), carreiras profesionais menos estables por ter que asumir a labor dos coidados, maior representación en sectores máis precarizados.... e todo isto conduce ás grandes diferencias nas prestacións de desemprego ou incluso na xubilación, chegando nalgúns casos a situacións que rozan o risco de pobreza e a exclusión social.
Retribución por hora traballada
Os datos por hora traballada, son moi significativos porque eliminan calquera distorsión, en relación ao modelo de contratación, que se podería utilizar como escusa para xustificar salarios máis baixos, porque aquí o que se valora é o pago por hora de traballo, independentemente se se está a falar dun contrato a tempo completo ou parcial.
Segundo os datos da Enquisa anual de estrutura salarial do INE do ano 2022, publicada o 23 de setembro de 2024, en Galicia, a brecha do salario hora é de 11,5%, as mulleres perciben 14,37 euros por hora traballada, fronte aos 16,23 dos homes.
Na cidade da Coruña, segundo os datos facilitados no Estudo de Salarios elaborado polo Instituto Galego de Estatística, a brecha do salario hora é de 15,1%, o que significa que as mulleres perciben de media 1,8€ menos por hora traballada que os homes.
Algunhas das medidas para acabar coa brecha salarial
É preciso que se modifique a norma que permite a absorción e compensación dos complementos salariais nas subidas do SMI. Este feito xera que todas as mulleres que cobran o SMI, leven anos co salario conxelado. porque foron absorbidos ou compensados os complementos salariais.
Así mesmo, é necesario abordar a contratación a tempo parcial, porque nun 50 % son mulleres que acceden a este tipo de xornada por non atopar un contrato a xornada completa.
É necesario vixiar o cumprimento do artigo 28 do Estatuto dos Traballadores, sobre traballos de igual valor, que persegue corrixir a infravaloración do traballo das mulleres, así como o traslado das normas recollidas nos Reais Decretos de Igualdade Retributiva e de Plans de Igualdade a todas as empresas.
Reivindicamos plans de actuación da Inspección de Traballo en materia de igualdade retributiva entre mulleres e homes, para que actúen de oficio naquelas situacións onde se
infravalora o traballo das mulleres. Para iso, son necesarios criterios claros sobre rexistros retributivos, valoración de postos de traballo e auditorías retributivas.
Esiximos que a Seguridade Social facilite información sobre as reducións de xornada por coidados de fillos e fillas e outros familiares en termos económicos e que esta información
sexa recollida posteriormente na Enquisa de Estrutura Salarial para saber realmente o peso económico que teñen os coidados nos salarios.
É imprescindible que o Ministerio de Traballo e Ministerio de Igualdade constitúan unha mesa Diálogo Social para traspoñer a Directiva (UE) 2023/970 do Parlamento Europeo e do Consello do 10 de maio de 2023 pola que se reforza a aplicación do principio de igualdade de retribución entre homes e mulleres por un mesmo traballo ou un traballo de
igual valor a través de medidas de transparencia retributiva e de mecanismos para o seu cumprimento. Agora esiximos que se convoquen as mesas de diálogo social para traspoñer á
nosa normativa nacional todas as novidades introducidas para alcanzar a transparencia salarial en todas as empresas.
Reiteramos, ademais, o noso compromiso pola eliminación das posibles discriminacións por razón de xénero nas retribucións e, para iso, solicitamos estatísticas que analicen a ocupación e o nivel de estudos desagregados por sexo e idade para analizar con maior precisión que sucede coas mulleres novas que a pesar dos seus niveis de formación académica, perciben salarios inferiores aos homes da súa mesma idade.
Informe brecha salarial Galicia elaborado por UGT Galicia.
Informe : "La brecha salarial entre mujeres y hombres sigue descendiendo"