A bandeira de UGT é a defensa dos dereitos e liberdades das persoas
Hai que impulsar os plans LGTBI nas empresas
Fecha: 29 Xuñ 2023
É necesario frear os discursos LGTBIFóbicos e avanzar na unidade de acción para mellorar os dereitos das persoas LGTBI, no ámbito laboral e social ata alcanzar unha igualdade de trato e non discriminación.
Para cambiar esta situación é necesario formar, sensibilizar e concienciar.
UGT, é unha organización que, a pesar das dificultades, sempre apostou pola realidade das persoas LGTBI no emprego, acadando tres fitos nos últimos anos: a aprobación da Lei Trans e LGTBI. Lei, con medidas promovidas pola UGT como o artigo 15.1, que obriga ás empresas de máis de 50 persoas traballadoras a contar con medidas que garantan a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI no ámbito laboral; a aprobación da Lei de Emprego cunha perspectiva máis inclusiva; e a sinatura do V Convenio para o Emprego e a Negociación Colectiva, onde por primeira vez se recolle especificamente a defensa das persoas LGTBI no ámbito laboral.
A II Edición do "Estudio sobre las personas LGTBI en el Empleo en España" realizado por UGT confirma que as violencias contra as persoas trans e LGTBI nos centros de traballo están moi extendidas e están normalizadas.
Queda moito por facer e, por parte de esta organización sindical, seguiremos analizando a evolución dos dereitos das persoas LGTBI no emprego e implementando medidas e solucións para poñer fin a unha situación que inxusta.
A formación é imprescindible, por iso, seguiremos a formar aos delegados e delegadas da organización e situando as necesidades das persoas LGTBI nas nosas propostas e acción sindical.
Estamos convencidas e convencidos de que mentras non exista igualdade de trato e oportunidades no empleo, as vidas trans e LGTBI importen, cada un poida expresarse libremente sen sufrir represalias e existan medidas específicas no mundo do traballo non habrá igualdad real e efectiva.