Agora toca endurecer o despedimento

Fecha: 04 Abr 2023

Imaxe firmando un contrato

UGT atribúe a boa evolución do emprego e a súa calidade á reforma laboral pactada no marco do diálogo social, pero advirte de que aínda quedan asuntos pendentes para mellorar o noso mercado laboral. Neste sentido, reclama unha Lei de Emprego eficaz, que dote de recursos aos Servizos Públicos de Emprego e facilite a reinserción das persoas desempregadas de longa duración; reformar as causas e o custo do despedimento; e reforzar a Inspección de Traballo, para controlar o cumprimento da normativa laboral, perseguindo as prácticas fraudulentas dalgunhas empresas.


O Servizo Público de Emprego (SEPE) publicou hoxe os datos do paro rexistrado do mes de marzo, que amosan un descenso de 1.030 persoas desempregadas na nosa provincia con respecto ao mes anterior e 3.859 persoas menos que hai un ano. En total, contabilízanse 56.931 desempregados. En datos estatais contabilízanse 2.862.260 persoas desempregadas,a cifra máis baixa desde marzo de 2008, e a afiliación á Seguridade Social rexistra o maior crecemento nun mes de marzo de toda a serie histórica, aumentando en 260.410 persoas e situándose en 20.376.552 afiliados.  

O emprego, polo tanto, segue a medrar, e o que é aínda máis positivo, séguese facendo a través do contrato indefinido, convertido xa na modalidade de referencia dentro do noso mercado laboral. De feito, en marzo asináronse un total de 25.414 contratos na nosa provincia, dos cales o 39.63% son indefinidos. A práctica substitución de contratos temporais de curta duración por indefinidos provoca que, no seu conxunto, se rexistren 5.628 contratos menos que no mesmo mes do ano anterior.

Ante estes datos, non cabe dúbida de que a nova normativa laboral foi un auténtico éxito, reducindo a temporalidade e mellorando a calidade da contratación sen afectar ao dinamismo do emprego. Agora, con todo, é o momento de consolidar estas tendencias e seguir avanzando nos dereitos das persoas traballadoras centrando o debate nas cuestións que aínda están pendentes. 

Por unha banda, cómpre mellorar o funcionamento dos Servizos Públicos de Emprego, dotándoos dos recursos económicos e de persoal necesarios para que poidan desenvolver o seu traballo de forma eficaz. Algo que a nova Lei de Emprego non solucionará, xa que non soluciona ningún dos problemas que afectan ás Políticas Activas de Emprego, como a prestación de Servizos de Emprego personalizados en función das necesidades específicas dos desempregados. 

Así mesmo, o sindicato reclama ampliar a cobertura do sistema de prestación por desemprego, xa que no mes de febreiro só se beneficiaron dunha prestación 34.208 persoas, o que sitúa a taxa de cobertura no 60%.

Por outra banda, aínda cómpre reformar as causas e o custo do despedimento para dotar de maior estabilidade e seguridade ás relacións laborais no noso país, dificultando o fácil recurso ao despedimento barato e recuperando todas as garantías que perderon os contratos indefinidos coa reforma laboral. de 2012. 

Por último, a UGT pídelle ao Goberno que reforce dunha vez por todas o persoal actual da Inspección de Traballo, fundamental para seguir vixiando eficazmente a actividade das empresas, regularizando as posibles prácticas fraudulentas e garantindo así o correcto cumprimento da nova normativa laboral. 

 

Datos principais

- En marzo rexistráronse un total de 56.931 persoas en situación de desemprego, 1.030 persoas menos que o mes pasado. En termos anuais, o paro baixou en 3.859 persoas (-6,35%).

- Neste mes hai 494 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a febreiro, e 536 homes menos. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.167 mulleres e o masculino en 1.692 homes . As mulleres representan o 58,72% das persoas desempregadas. 

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 2.407  en marzo, o que supón un incremento de 85 persoas máis desempregadas que en febreiro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos descendeu un 6,5% (157 mozos desempregados menos). 

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras en Galicia, o número de parados rexistrados descende en marzo en 9 persoas; chegando a un total de 11.083 estranxeiros desempregados. En termos anuais obsérvase un aumento do 2,40 %, o que supón 260 persoas estranxeiras desempregadas máis. 

- Respecto ao mes anterior, a información por sectores amosa un descenso de 1.030 persoas paradas, 852 persoas no sector servizos, 190 persoas na industria, 152 na construción e no agro 2 persoa. Pola súa banda, o paro aumentou no colectivo sen emprego anterior en 166 persoas. 

- O número de afiliados á Seguridade Social aumentou en 3,169  persoas en marzo, ata alcanzar unha media de 451.231 afiliados. 

- O volume de contratos totais diminúe un 18,13 % anual, os temporais fano un 30,27% e os indefinidos, pola contra, aumentan un 11,40%. O peso dos traballadores fixos sobre o total dos contratos sitúase este mes no 39,63 %, o que supón un total de 1.031 contratos máis que no mesmo mes de 2022. 

- Por último, o número de beneficiarios das prestacións situouse en xaneiro en 34.208 persoas. Con este nivel de protección, a taxa de cobertura do mes foi do 60%.