A afililiación á Seguridade Social increméntase en 2.254 persoas
No mes de xullo, o paro rexistrado diminuíu en 144 persoas.
Fecha: 06 Ago 2024
Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social de xullo, publicados este venres, amosan unha redución do paro rexistrado ao mesmo tempo que un aumento da afiliación.
Así, o paro rexistrado baixou este mes en 144 persoas, ata un total de 46.789, o que supón 4.456 persoas menos que o ano anterior. A afiliación, pola súa banda, aumentou en 2.254 persoas afiliadas á Seguridade Social, chegando ata 473.792 persoas.
En canto á contratación, neste mes rexistráronse un total de 35.289 contratos, dos que 9.407 son indefinifos. Isto supón o 26,65% da contratación.
É o momento de abordar as cuestións que quedaron pendentes na reforma laboral, modificando as causas e o custo do despedimento para que se adapten ao establecido na Carta Social Europea. Pois ben, tal e como concluíu o Comité Europeo de Dereitos Sociais tras a reclamación presentada por UGT, a indemnización por despedimento improcedente existente na actualidade en España non garante o dereito das persoas traballadoras a unha protección adecuada.
Por iso, UGT esixe ao Goberno que convoque canto antes o Diálogo Social para adaptar a lexislación española a esta resolución vinculante, fixando unha indemnización integramente compensatoria dos danos ocasionados, eliminando ou elevando os topes de indemnización e incluíndo os salarios de tramitación. Para o sindicato é fundamental mellorar a protección das persoas nos seus postos de traballo, facendo do despedimento a última opción posible para a patronal e evitando os despedimentos arbitrarios e improcedentes, para que se siga avanzando no camiño da estabilidade iniciado grazas á última reforma laboral.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En xullo rexistráronse un total de 46.789 persoas en situación de desemprego, 144 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 4.456 persoas (-8,70%).
- Neste mes hai 311 homes menos e 167 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a xuño. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.664 mulleres e o masculino en 1.792 homes. As mulleres representan o 59,41% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 1.655 en xullo, o que supón unha diminución de 17 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en xuño. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 209 menores de 25 anos desempregados menos.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de parados rexistrados diminue en xuño en 86 persoas; chegando a un total de 3.559 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 70 persoas estranxeiras desempregadas máis.
- A información por sectores amosa unha diminución de 144 persoas paradas. Se produce unha diminución nos sectores do agro en 20 persoas, industria en 96 persoas e 61 persoas no sector da construción. Pola contra, prodúcese un aumento de 14 persoas no sector servizos e 19 persoas no colectivo sen emprego anterior.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 2.254 persoas en xulo, ata alcanzar unha media de 473.792 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 35.289, dos cales 9.407 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de xullo sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 26,65%.