Actos do 8M 2023

Co gallo do 8M, dende UGT A Coruña e Cee realizaremos diferentes Actos.

  • O primeiro acto, terá lugar o día 8 de marzo ás 12:00 horas na Praza das Cigarreiras, onde realizaremos a lectura do manifesto do 8M. Dito acto será conxunto con CCOO.  Na tarde, participaremos na manifestación que terá lugar na cidade de A Coruña con motivo do 8M. A mesma parte ás 20:00 horas do Obelisco, con remate na Praza das Cigarreiras.

     

  • O segundo acto, terá lugar o día 9 de marzo ás 11:00 horas na Sede de UGT na Coruña, onde entregaremos a “Distinción Muller Traballadora” a unha compañeira en recoñecemento do seu traballo sindical. Para dita entrega contaremos ca presencia de Inés Rey e Cristina Antoñanzas.
    Ó finalizar a entrega, realizamos unha mesa coloquio co tema "As mulleres no ámbito laboral", na que participará Cristina Antoñanzas (Vicesecretaría Xeral da UGT) que falará da situación das mulleres no mercado laboral e logros acadados pola UGT a través da negociación colectiva, Yoya Neira (Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación e Ig no Concello da Coruña) que falará das políticas de igualdade no ámbito municipal e, por último Sandra García (Inspectora de Traballo e Seguridade Social do Ministerio de Emprego) que falará das actuacións da Inspección de Traballo para correxir as desigualdades.