8M Día Internacional da Muller 2026
Entrega Distinción Muller Traballadora 2026
Fecha: 09 Mar 2026
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, UGT A Coruña e Cee, realiza a entrega do premio “Distinción Muller Traballadora”.
O sindicato creou estos premios co fin de recoñecer e visibilizar o traballo e a traxectoria personal das persoas, entidades, asociacións ou organizacións na consecución da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Este ano a distinción foi entregada a Azucena Bermúdez Villar.
A finales do 2010 un grupo de 32 mulleres son despedidas dunha das subcontratas de SOGAMA, como consecuencia dun proceso de automatización da Planta de Clasificación de Envases Lixeiros; pese a ter Acordos firmados coa propiedade das instalacións (SOGAMA) de recolocación, ben na propia Planta automatizada ou nunha nova Planta de pretratamento que a propiedade se comprometeu a construir, se produce un cambio na dirección en SOGAMA, e deciden incumprir o Acordo e proceden a despedir ó colectivo das 32 mulleres.
Iniciándose entón un período de movilizacións, encerros, preguntas parlamentarias, etc., co fin de esixir o cumprimento dos acordos de recolocación. Ante esto nin SOGAMA, nin a propia Consellería de Medioambiente mostraron sesibilidade nin vontade de cumplir o acordado, nin de dar solución de recolocación a estas mulleres, incluso facendo uso dos medios de comunicación en contra da dignidade dun número de persoas traballadoras mulleres que, o único que querían era recuperar os postos de traballo e polo tanto, o cumprimento do acordado.
Vista a pouca vontade de manter o emprego e a arrogancia demostrada pola Dirección de SOGAMA dese momento, o conxunto da representación sindical do Complexo Medioambiental de SOGAMA asumiron promover o inicio de negociacións cas Empresas subcontratistas de SOGAMA, para dar unha solución de recolocación a estas compañeiras. Tamén se procedeu a xudicializar ditos despidos.
Froito das negociacións empézanse a incorporar as traballadoras despedidas nas distintas plantillas das empresas subcontratistas, completando a recolocación das compañeiras a principios do ano 2016. Mentras, paralelamente estaban a salir as sentencias xudiciais, fallando como improcedentes estes despidos, sendo a maioría das sentenzas favorables as das demnadas de UGT.
Queremos facer unha mención especial as delegadas da UGT que, representaban e formaban parte do colectivo despedido nese momento: María e Escelina, e tamén lamentar a perda das catro compañeiras: Felicitas, Azucena, Angelita e Avelina, que as levou por diante esa enfermedad maldita da que todos e todas coñecemos o nome. Pero foi cando se perdeu a Sinda, no 2017 debido a un tráxico accidente laboral, cando se evaporaron moitas das alegrías por ter conseguido a recolocación destas compañeiras traballadoras.
Unha longa loita con momentos duros, os despidos, as movilizacións, as negociacións, os falecementos, o accidente, … que hoxe queremos recoñecer e endulzar un pouco con esta pequena homenaxe a este colectivo de mulleres.
Neste grupo de despedidas estaba unha das últimas en ser recolocadas, Azucena Bermúdez Villar que é a premiada neste 8 M 2026 de UGT.
Azucena dende o 2020 forma parte do Comité de Empresa dunha das subcontratas de SOGAMA, forma parte do Comité de Seguridade e Saúde, da Comisión que desarrolla os Plans de Igualdade e do Comité de acoso.
Esta é o segundo mandato de Azucena, revalidado tras os resultados obtidos nas pasadas elecións sindicais do mes de decembro 2026 nas que UGT recolleu a maioría do Comité de Empresa con 5 delegados e delegadas da UGT, duas son mulleres. En total de 23 representantes no Comité 5 son mulleres (21,74%), 6 puntos por debaixo do peso das mulleres no total da plantilla que é do 27,32% ( 303 homes e 114 mulleres). Estamos a falar dun sector de actividade masculinizado e dun centro de traballo, dun traballo duro, perigoso, a turnos….
Queda moito por avanzar, moito que presevar, manter a nosa memoria viva, poder recoñecer esta loita e entregar este Premio nos enche de orgullo e é un acto tamén de agradecemento.