8M Día internacional da Muller 2025
Fecha: 07 Mar 2025

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, UGT A Coruña e Cee, realiza a entrega do premio “Distinción Muller Traballadora”.
O sindicato creou estos premios co fin de recoñecer e visibilizar o traballo e a traxectoria personal das persoas, entidades, asociacións ou organizacións na consecución da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Este ano a distinción foi entregada a a María del Pilar Souto Iglesias. Comezou a súa vida laboral aos 15 anos, no sector do téxtil. Cando comenzaron os conflictos na súa empresa, no ano 1986, acercouse ao sindicado e se afiliou. Comentou que grazas a o apoio de outras compañeiras do sindicato, sacou a reluzir a súas ganas de loita por mellorar as condicións laborais das persoas traballadoras.
A o pouco de afiliarse, entrou a formar parte da Executiva do sector de Téxtil. E cando finalizou a súa labor na executiva, estivo a desempeñar diferentes labores dentro da UGT naqueles sectores onde era precisa a súa axuda, principalmente elecciones sindicais en aquelas empresas onde non existía representación sindical.
No ano 2003, encabezou a candidatura do PsdeG-PSOE de Arteixo. Sendo a portavoz do grupo na oposición e Deputada provincial. Catro anos despois, encabezou novamente a candidatura socialista e foi elixida alcaldesa de Arteixo, convertíndose así na primeira, é única, muller Alcaldesa de Arteixo.
No ano 2012, retomou de novo a súa labor dentro do sindicato.
Pilar é un exemplo da labor de moitas mulleres da nosa organización que, compaxinando a súa vida laboral e a persoal, loitan por dignificar as condicións do traballo de todas as persoas.