8M Día internacional da Muller 2024
Fecha: 07 Mar 2024
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, UGT A Coruña e Cee, realiza a entrega do premio “Distinción Muller Traballadora”.
O sindicato creou estos premios co fin de recoñecer e visibilizar o traballo e a traxectoria personal das persoas, entidades, asociacións ou organizacións na consecución da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Este ano a distinción foi entregada a a Carmen Iglesias Almeida. Traballou toda a súa carreira profesional no sector de Comercio (Supermercados Claudio e Mercartabria) e estivo afiliada á UGT dende o ano 1977.
Carmen representa a unha xeración de mulleres que deron pasos moi importantes pola igualdade.
A súa loita era mellorar as condicións laborais nun sector moi precario, feminizado, pouco recoñecido, con baixas retribucións e onde a acción sindical era moi complicada.
Carmen foi a primeira muller Presidenta do Comité de Empresa; participou en moitas mesas de negociación sendo unha das poucas mulleres que participaban en ditas mesas.
Asimismo, tivo diferentes cargos orgánicos no Sindicato dende os anos 80: Secretaria de Organización e Secretaria Xeral da Federación de Traballadores de Comercio da Provincia de Coruña, Secretaria de organización da Federación de traballadores e empregados de servizos da Provincia de Coruña, Secretaria de Organización e Secretaria Xeral da Federación de traballadores de Comercio, Hostelería, Turismo e Xogo da Provincia de Coruña. Así como outras responsabilidades dentro do seu sector.
Carmen é un exemplo da labor de moitas mulleres da nosa organización que, compaxinando a vida laboral e a persoal, loitan por dignificar o traballo, en sectores onde a precariedade e as contratacións atípicas fan moi necesario o compromiso, a sensibilidade e a soliedariedade de toda a clase traballadora.