8M Día internacional da Muller 2023

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, desde UGT A Coruña e Cee iniciamos este segundo acto ca entrega do premio “Distinción Muller Traballadora” a Elena Martínez. Este premio é en reconocimiento do seu labor e traxectoria personal, profesional e sindical, pola defensa e a reivindicación da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes. Elena Martínez leva afiliada a UGT 28 años. 28 anos de loita sindical, no sector da Hostalaría.

Pertenceu á Executiva da Federación de Comercio, Hostalaría, Turismo e Xogo da UGT.

 

A continuación da entrega da Distinción, realizamos unha mesa coloquio onde participaron Cristina Antoñanzas (Vicesecretaría Xeral da UGT), Yoya Neira (Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación no Concello da Coruña) e Sandra García (Inspectora de Traballo e Seguridade Social do Ministerio de Emprego).

Imaxe da mesa da ponencia

Cristina Antoñanzas recalcou a importancia de impulsar medidas de igualdade a través dos convenios colectivos e os plans de igualdade, así como esixir o cumplimiento da lexislación en materia de igualdade. É imprescindible redoblar o control da inspección, e endurecer as sanción as empresas que incumplan a normativa das medidas de igualdade.

Yoya Neira nos falou das políticas de igualdade que se levan a cabo dende o Concello da Coruña, da importancia da educación en igualdade, e tamén dos servizos que existen para as mulleres que sufren violencia de xénero.

E por último, Sandra García nos aportou información sobre as diferentes actuación que se realizan dende a Inspección de Traballo e Seguridade Social do Ministerio de Emprego para vixiar o cumplimento das políticas de igualdade.

Tras a súa ponencia, recalcouse novamente que é imprescindible reforzar e garantir os instrumentos e recursos de vixilancia, control e sanción da autoridade laboral para o cumprimento efectivo do principio de igualdade no ámbito laboral.