8 de marzo: O sindicalismo feminista, clave para avanzar cara á igualdade real

No día de hoxe pola mañá concentrámonos na Praza das Cigarreiras xunto con CCOO para dar lectura ao Manifesto Conxunto con motivo do 8M.

O motivo de elexir dita ubicación é porque a Fábrica de Tabacos foi un lugar de traballo feminino, de encontro, de sororidade, de apoio mutuo,... pero tamén foi un espazo de protesta laboral, xa que nela tuvo lugar a primeira folga das mulleres da historia de Galicia motivada pola chegada de novas máquinas que ameazaban algúns postos de traballo. Así mesmo, na plaza está situada a escultura con homenaxe ás mulleres vítimas da violencia de xénero.

Malia os avances acadados nas últimas décadas, a desigualdade persiste no mercado laboral. A brecha salarial de xénero, a precariedade que afecta de forma desproporcionada ás mulleres, as dificultades para acceder a postos de responsabilidade e a infravaloración histórica do traballo de coidados seguen demostrando que a igualdade plena aínda está lonxe de acadarse.

O sindicalismo feminista xoga un papel fundamental na transformación desta realidade. A negociación colectiva, o diálogo social e a acción sindical son ferramentas esenciais para promover os dereitos, garantir unhas condicións laborais dignas e eliminar as desigualdades estruturais que aínda persisten.

A igualdade entre mulleres e homes non é só unha cuestión de xustiza social, senón tamén unha condición indispensable para construír sociedades máis democráticas, sostibles e prósperas. 

›› Informe 8 de marzo situación da muller no eido laboral en Galicia

›› Anexo A Coruña e Cee